Capela do
Santo Cristo Ourense

“Esta formidable capela é o  centro devocional principal da catedral de Ourense. No centro del conxunto está a imáxe gótica que lle da nome: a do Santo Cristo. A figura exerce dende o pasado un atractivo devocional moi intenso.”

Responde a unha estética de Crucificado do século XIV, na que se busca unha intensa sensación de verismo. A cabeza, tremendamente realista, con cabelo, barba y bigote naturais. Esto, sumado ó detalle do seu corpo maltratado, acrecentan dende outrora a devoción pola imaxe. Conta a lenda que o Santo Cristo foi atopado no século XIV por unhos mariñeros en Fisterra. 

Certo ou non, a imáxe de dous metros de altura está rodeada duhna espectacular capela: exemplo extraordinario do mellor barroco. 

Nun primeiro momento a imaxe do Santo Cristo non se atopaba aquí, senón nun arcosolio inmediato á porta norte da catedral. 

Pero no século XVI constrúese a actual capela, obra de Xoan Bautista Celma. Elegante construcción cuberta con bóveda de crucería nos seus dous tramos. Nela , unha intensa e reiterada acumulación de obras de escultura, pintura e orfebrería enche todos os espazos.

Destaca o baldaquino no que se atopa a venerada imaxe do Cristo: solución inspirada na capela maior da Catedral de Santiago e realizado polo mesmo autor, o mestre Domingo de Andrade. Todo o conxunto barroco parece vibrar o són das molduras e imaxes que se van sucedendo. 

Os retablos son obra do leonés Castro Canseco, neles agardan tallas de gran interese como a Virxe Branca en alabastro ou o San Mauro de Francisco de Moure. 

Un ornato barroco que contrasta coa típica elegancia renacentista da sillería de madeira do coro, obras de Diego Solís e Xoán de Angés

Pezas como o busto da Dolorosa, moi influenciada por Gregorio Fernández, o a imaxe de San Xosé nun dos retablos, acrecentan o compoñente decorativo e piadoso deste lugar.

Cesta de compras