ticketMERCAR ENTRADAS
ticketMERCAR ENTRADAS

Séculos
XII e XIII

O templo principal de Ourense data da segunda metade do século XII e a primeira metade do XIII e alguns autores sitúan esta construcción sobre os restos da primitiva basílica do período suevo, antiga catedral que estaba xa adicada a  memoria de San Martín de Tours. A  historia da Catedral  entrelazase coas circunstancias socio-económicas xurdidas da repoboación levada a cabo por Alfonso III en torno o ano 900.

O seu Altar Maior foi consagrado finalmente no 1180 e durante os séculos XIV y XV complétase a súa arquitectura, elevándose o significativo ciborio entre os anos 1499 y 1505.

Construída en planta de Cruz latina, conta con tres naves separadas por pilares cruciformes, arcos dobrados e apuntados, impregnados dun románico de transición ó estilo gótico, con elementos posteriores renacentistas, barrocos e neoclásicos.

Foi declarada monumento nacional o 3 de Xuño de 1931 e ten honores de Basílica dende o ano 1887.

Pórtico do paraíso

 “No interior da Catedral de Ourense destaca o imponente Pórtico do Paraíso, en alusión mais que a pasaxe bíblica do Xénese, a impresión de entrar no Reino dos Ceos unha vez atravesado polos que peregrinan ata a Catedral co espírito piadoso de severo recollemento…”

Capela maior

“Na Capela Maior da Catedral de Ourense destaca o magnífico retablo executado polo mestre Cornelis de Holanda durante o século XVI, costeando o conxunto o Bispo Orlando Carretto della Rovere, cuxa heráldica faise presente…”

Audioguías infantís: aprender xogando, descubrir soñando

A versión infantil da audioguía é unha das propostas educativas desenvolvidas nesta catedral. As nosas audioguías infantís están pensadas para espertar a curiosidade e a imaxinación dos máis pequenos mentres percorren espazos cheos de historia.

A través de personaxes entrañables, diálogos divertidos e retos visuais, os nenos e nenas convértense en exploradores activos, descubrindo a arte, a arquitectura e as lendas de cada lugar dunha forma lúdica e emocionante. Cunha narración teatralizada e adaptada á súa linguaxe, estas visitas transforman cada monumento nunha gran aventura. Perfectas para familias, colexios ou calquera mozo visitante con ganas de vivir unha experiencia diferente.

Cesta de compras

Visita ESPECIAL NOCTURNA Luces de San Martiño

Sen plans para o entroido ou San Valentín? Ven a coñecer coas túas persoas favoritas o monumento máis impresionante de Ourense. Un percorrido exclusivo pola nosa catedral baixo unha especial iluminación para contemplala desde diferentes perspectivas. Inclúe tamén a subida á tribuna do órgano para unha vista única das naves da basílica.

Data: 14 de febreiro ás 20h.
Prezo: 25€/adulto.
Duración aproximada: 1h 30 min.

*Necesaria a reserva previa. Prazas limitadas ata completar aforo.
*Prezo especial para residentes da Diocese de Ourense.
*Información e reservas vía telefónica ou email.

Horarios especiais

Sábado, 31 de xaneiro: de 12:00 a 18:30.

Mércores 18 de febreiro: De 10h a 14.30h e de 16h a 18h.

Sábado 28 de febreiro: De 13.30h a 18.30h.

*Último acceso 45 min antes de peche.