A través de doseletes calados encaixados en cuadrículas, o mestre expresa un espazo para as oracions, como se fose un gran devocionario aberto, cuxa contemplación incita a piedade, o recollemento e a veneración. Nas esceas apreciase a influencia incuestionable franco-borgoñona en detalles como a minuciosidade, as prendas de vestir dos representados, moi o gusto da época entre a aristocracia. A Asunción de Santa María e San Martíño revestido de pontifical presiden as galerías do retablo, como patronos e protectores do templo, as que no seculo XVIII o mestre Castro Canseco engadiu os laterais para custodiar as reliquias dos Santos Facundo e Primitivo, e Santa Eufemia, mártires relacionados coa diócese ourensana.
Os pes conservase parte da sillar do antigo coro catedralicio, de delicada factura, finamente labrada. No lugar destaca o sepulcro gótico desta catedral atribuido o Bispo Núñez de Novoa, coa representación dos funerais e da Virxe María como dispensadora de todaslas grazas celestiais.
No cruceiro atópase unha reixa de excepcional factura, obra do século XVI de Xoán Bautista Celma, que noutros tempos pechaba o Coro e a Capela Maior.