20180317_111156

Festividad de San José. Día del Seminario.

Festa de san Xosé, Día do Seminario Hoxe, 19 de marzo, festa do patriarca san Xosé, a Igrexa en España celebra tamén o Día do Seminario, tendo en conta que a promoción das vocacións ao sacerdocio é «unha misión de todos»: das familias, das parroquias, das escolas, dos movementos, grupos e asociacións. Hai algúns anos lamentabamos a falta de vocacións para a vida sacerdotal e consagrada. E tiñamos medo de que a cousa fora a peor: cada vez menos sacerdotes para atender as nosas comunidades parroquiais; ¿que será das nosas cidades e vilas no día de mañá?, preguntabámonos. Pero, con perspectiva eclesiástica, temos que dicir que eses sentimentos foron superados pola reacción de moitos leigos que tomaron conciencia da necesidade de participar activa e conscientemente no ministerio pastoral da Igrexa. Os sacerdotes son menos, pero con dedicación case exclusiva ao seu ministerio, prescindindo de ocupacións que non lles son propias, e que deben desenrolar os laicos cristiáns. De xeito que, aínda que temos poucos sacerdotes, contamos coa inestimable axuda de tantos segrares nos distintos campos do traballo pastoral. Ourense ten un Seminario vivo; é dicir, con seminaristas. Non tantos coma noutros tempos, pero recibindo unha formación integral (espiritual, intelectual e pastoral), que lles permita ser pastores para os tempos que corren. Probablemente, aqueles de nós que nacemos xa fai algún tempo, temos opinións diferentes sobre o seminario e sobre os novos seminaristas. Pero tamén é certo que non caemos na conta de que a Igrexa evoluciona e camiña ao ritmo que lle marcan os tempos. Os responsables dos seminarios saben diso e esfórzanse por darlles a mellor formación aos novos pastores, que a Igrexa precisa para a tarefa evanxelizadora. Para o traballo da promoción vocacional pensamos nas familias cristiás, nas comunidades parroquiais, nas escolas da Igrexa, nas concertadas e públicas, nos grupos, movementos e asociacións da Igrexa, como lugar apropiado para unha pastoral vocacional. Hai maneiras de pensar distintas sobre a tarefa da promoción vocacional; pero a verdade é que, como din os bispos españois, «a misión pertence a todos», especialmente aos sacerdotes. Parabéns a todos os que levan o nome do patriarca San Xosé e a todos os pais que descobren no varón Xusto ao modelo a imitar na súa vida familiar. ]]>

Los comentarios están cerrados.