trinidad vidriera

Solemnidad de Pentecostés

Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar

Coincidindo ca Solemnidade de Pentecostes a Igrexa celebra a Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar. Neste ano o lema da xornada é: “sigamos construíndo xuntos; o Espírito Santo necesítanos”. Neste día destacamos o papel fundamental que ten o laicado na boa marcha da Igrexa e na súa misión evanxelizadora, sempre en comuñón cos seus pastores e con toda a Vida Consagrada.

Na diocese de Ourense os membros dos distintos movementos apostólicos ven de compartir, nunha mesa redonda, a súa identidade dentro da Igrexa, a súa presenza na diocese de Ourense e a súa vocación comprometida co mundo en que vivimos. Participaron neste encontro a Acción Católica Xeral, os Equipos da Nosa Señora, o Movemento dos Corsiños de Cristiandade, os membros dos Talleres de Oración e Vida, a Renovación Carismática e a Lexión de María.

Temos que destacar  que os grupos, os movementos e as asociacións son canles fundamentais para o desenrolo da misión da Igrexa no mundo. Os bispos españois recordábano no documento sobre o apostolado segrar: “as comunidades cristiás ten a obriga de espertar no conxunto do laicado a conciencia de que o apostolado asociado é expresión e esixencia da comuñón e da misión da Igrexa (CLIM. 163) e fai uns meses que clausurabamos o Sínodo Diocesano. Unha das urxencias que subliñaban tódolos que participaron neste acontecemento eclesial era a necesidade de camiñar xuntos, vivindo cada quen a corresponsabilidade eclesial para poder levar adiante o mandato do Señor de anunciar o Evanxeo a tódalas xentes.

Celebración Galería:

   ]]>

Los comentarios están cerrados.