A Virxe dos Milagres visita a S. I. Catedral de Ourense

A Virxe dos Milagres visita a S. I. Catedral Basílica de San Martiño


Ábside e Cimborrio da Catedral


O día 1 de maio, festa de San Xosé e festa do traballo, é o día da visita da Virxe dos Milagres ós seus ben queridos fillos de Ourense. A Virxe está moi agradecida polo moito que a visitamos no seu Santuario alá no monte Medo. Ela, en agradecemento, quere coñecer a nosa cidade, quere ver as nosas casas, quere coñecer a nosas xentes, quere encontrarse con cada un de nós para darnos un abrazo de nai e dicirnos: “fillos, aquí estou eu á vosa beira, non teñades medo”. 

Santuario dos Milagres en Baños de Molgas

Veu a Ourense no ano 1954 co gallo do Ano Mariano. Veu no ano 2009, co gallo da súa vista a Pontevedra polo milenario de Santa María. Pero agora, celebrando o cincuenta aniversario da súa coroación canónica no ano 1964, faino de maneira institucional. Todos estamos invitados a pasar unha tarde con Ela: autoridades civís e militares, o noso Bispo cos seus sacerdotes, os seminaristas, os relixiosos e relixiosas, as persoas de vida consagrada e apostólica, tódolos fieis cristiáns estamos invitados a participar na festa da chegada da Virxe dos Milagres a Ourense. Os mozos e as mozas que non se esquezan de vir, pois a Virxe quere velos no seu ambiente, na súa cidade, nas súas rúas. Eles, que fan a xesta de camiñar toda unha noite para ir a vela ó Santuario dos Milagres, que saiban que a Virxe en persoa ven aquí a velos e a agradecerlles a súa visita anual no mes de setembro. 
A Ponte de base romana en Ourense
Para recibir a Virxe dos Milagres non poden faltar os enfermos, os pobres e os marxinados sociais, os sen teito, os que esperan algo porque están a precisalo con urxencia. Entre a Nosa Señora dos Milagres e compromiso dos cristiáns malo será que non arranxemos algo. O día 1 de maio, ás 4 e media da tarde, espera vernos a todos na rúa Cruz Bermella e nos Xardíns Padre Feijoo.     
]]>

Los comentarios están cerrados.