Día do Seminario
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2018/03/DSC01556-1-300x225.jpg)
Hoxe, día 18 de marzo, domingo, a Igrexa diocesana celebra o Día do Seminario. Sabemos da escaseza dos sacerdotes para que responsabilicen das parroquias que quedan vacantes. Sabemos que, hoxe por hoxe, a vocación a vida sacerdotal non é ben vista pola sociedade nin por moitas das familias. Tamén sabemos que a vida que levan os sacerdotes non crea ilusión nin provoca admiración entre os mozos e mozas dos tempos que corren. Por veces ata temos ocorrencias como a de que os sacerdotes ten que casarse ou a de que ás mulleres ten que ter acceso a ordenación sacerdotal como pasa na Igrexa anglicana ou en moitas das Igrexas protestantes.
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2018/03/20180317_110905-300x169.jpg)
Eu, por veces, póñome a imaxinar como terían que ser os curas de hoxe para que fosen ben acollidos, respectados e queridos polas comunidades parroquiais e pola sociedade en xeral. O sacerdote tería que ser unha persoa alegre e contenta de si mesmo, unha persoa desprendida e xenerosa, atenta aos máis débiles (aos nenos, aos mozos e mozas, ás familias desestruturadas, ás persoas maiores e aos enfermos…). Tamén lles pediría aos futuros sacerdotes capacidade intelectual e humana para poder dialogar con persoas de distintas maneiras de pensar, con táboas para non romper as relacións e con capacidade para propoñer lugares de encontro e metas de traballo. Sacerdotes novos para unha Igrexa, “hospital de campaña”, para unha “Igrexa en saída” ao estilo do Papa Francisco.
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2018/03/images1.jpg)
Hoxe pola tarde, no Seminario Maior, ordénanse dous diáconos no seu camiño ata o sacerdocio. Un deles, natural da Limia, pasou por tódolos cursos do Seminario Menor e Maior. Chámase José Antonio. Pasar polos dous seminarios é garantía máis que suficiente de estar preparado para a misión sacerdotal que lles agarda. O outro compañeiro chámase Jesús Nsue, é guineano, estudou na universidade de Comillas en Madrid e leva uns anos aclimatándose á diocese de Ourense. Penso que estamos falando xa de candidatos ao sacerdocio a altura dos tempos que corren.
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2018/03/20180317_111328-300x169.jpg)
O lema do Día do Seminario é “apóstolos para mozos e mozas”, que reflexa ben as claras o que acabamos de dicir. Recemos para que haxa vocacións as a vida sacerdotal e sexamos xenerosos con esta institución da Igrexa, imprescindible, máis que nunca, para o anuncio do Evanxeo.]]>