Fiesta de San Benito, Patrono de Europa y Patriarca de los monjes de Occidente Muy Venerado na S. I. Catedral de Ourense
O día 11 de xullo celebramos a festa de San Bieito de Nursia. Un santo do século VI, que deixou fonda pegada no historia da espiritualidade da Igrexa. Algo nos estraña hoxe: cómo este santo é tan querido pola xente dos nosos pobos, despois xa de 15 séculos. A razón é ben sinxela: perante días, meses, anos, lustros e séculos, os seus fillos bieitos sempre ensinaron o mesmo: para santificarse compre rezar e traballar (ora et labora), dar hospedaxe á os peregrinos (non recibindo á os xiróvagos, que andan de tumbo en tumbo tentando aproveitarse da xente boa e xeneros), celebrando a Lectio Divina para achegarse ás Sagradas Escrituras, e poñendo no centro da vida o “Opus Dei” e a Eucaristía. Na S. I. Catedral de Ourense temos dúas imaxes moi veneradas de San Bieito. Unha de Maestro de Sobrado, do ano 1547. Está coroando o altar da Quinta Angustía, entrando pola porta norte. Outra imaxe está na capela da resurrección e quédalles moi a man aos seus devotos. Tódolos días, e máis no día da súa festa, San Benito é visitado por moitísimos ourensáns que buscan a súa itnercesión e que lle piden por tódalas súas necesidades.]]>