• 19 abril, 2020

Novena al Santo Cristo de Ourense

Novena al Santo Cristo de Ourense

 

Novena a o Santo Cristo de Ourense
Do 25 de abril a o 3 de maio do ano 2020
Renovación ou nova inscripción a Cofradía do Santo Cristo a o longo de todo o ano
Radio Ourense, Cadena Ser, transmitirá a novena do Santo Cristo ás 13.00 hora; nos domingos o Sr. Bispo celebrará a misa de doce, que se transmitirá por televisión, incluido o día 3 de maio, festa do Santo Cristo de Ourense. No Blog da Catedral de Ourense e no Sitio Web Oficial da Catedral colgarase a novena para cada día.
 
 
A pandemia que nos tocou en sorte neste ano impídenos celebrar a novena a o Santo Crsito de Ourense como era costume dende tempos inmemoriais. Iniciábase o día 25 de abril con toda solemnidade e rematábase o día 3 de maio, día da festa do Santo Crsito de Ourense, que, en outros tempos, coincidía ca festa dos maios ou das cruces.
O tempo que nos toca vivir é o que é, nen millor nen peor. Por iso, hai que acomodarse a o dictado do que nos ven dado. Por iso, a Catedral vai estar fechada a o culto, como é preceptivo, pero procuraremos utilizar a radio e máis as redes sociais para achegarnos, na medida do posible, a tódolos aurensáns devotos do Santo Crsito, que queiran unirse en oración a o longo da novena.
O Sr. Bispo presidirá a misa dos domingos, que se transmitirá por  televisión local, ás  doce ás horas. Radio Ourense, cadena SER, as 13.00 horas, transmitirá a novena para cada un dos días. A o mesmo tempo, dende a Catedral, colgarase no Blog Catedral de Ourense e no Sitio Web Oficial da Catedral a novena de cada día para que poidan aceder a ela cantos queiran.
O día 3 de maio, festa do Santo Crsito de Ourense o Sr. Bispo celebrará a misa de doce. A novidade de este ano consite en que nas nosas casas cada familia procure ter, a o longo do día, un momento de oración a o Santo Cristo de Ourense. Temos moito que agradecerlle ao Bendito Cristo de Ourense (persoal sanitario, persoal da limpeza e desinfección, persoal que nos suministra o pan de cada día, as forzas armadas, a policía, o mundo das comunicacións sociais…), temos moito que pedirlle neste ano de tristura por tantos fallecidos, por tantos contaxiados, por tantas persoas en soidade, por tantas familias que afrontaron con valentía e coraxe a despedida dos seus seres máis queridos…  E, a o mesmo tempo que facemos isto, estamos transmitindo a os nosos fillos e netos a tradición do amor dos ourensanos a o noso Santo Cristo.

 

Non esquezamos nunca a súplica máis querida da novena: ¡Pola túa paixón e morte de Cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos na vida e máis na morte!

 

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.