Cornelio de Holanda

Domingo de Gloria

Domingo de Resurrección

¡Felices Pascuas! ¡Cristo resucitou!

 
 
A nosa fe na resurrección do Señor vennos da Igrexa, que durante séculos  foinos transmitindo a testemuña dos apóstolos, que viron a sepultura valeira, creron no Señor e comeron na mesma mesa co resucitado.
O domingo de Pascua de Resurrección é solemnidade de solemnidades na Igrexa. Noutros anos estariamos a falar da festa das festas dos cristiáns. Iso explica que non chegue un só domingo para os festexos, Fan falta cincuenta días da celebración da Pascua. Como dicía san Atanasio: “os cincuenta días que van dende o domingo de Pascua ata o domingo de Pentecostes ten que ser celebrados con alegría e exultación como si se tratase de un só e único día festivo, aínda máis, coma un gran domingo”.
Pero os mesmos cincuenta días son pousos e por iso en tódolos domingos do ano celebramos a festa da resurrección de Cristo sobre o poder da morte e do pecado. Ca resurrección do Señor vense cumpridas as promesas de un ceo novo e de unha terra nova, onda no haberá choros nin bagoas; loito nin tristura, escuridade nin tebras. Será o día do Señor, que supera todo mal.  
Nós, nestes días, abatidos polo peso do mal no mundo, pedímoslle ao Señor que ilumine ás nosas autoridades e a o persoal do mundo da sabedoría para que encontren remedio oportuno a o noso sufrimento. Esperamos gozar de esa nova terra, en compañía dos nosos amigos e coñecidos. E na mentres, a pesar de todo, queremos berrar moi alto: ¡Felices Pascuas para todos, Cristo resucitou!
 
Fotos Celebración:
]]>

Los comentarios están cerrados.