• 11 abril, 2020

Sábado Santo

Sábado Santo

Sábado Santo

Sábado de Gloria

 
“A túa cruz adoramos, Señor, e a túa santa resurrección alabamos e glorificamos. Polo madeiro veu a salvación a o mundo enteiro”
O sábado santo pola mañá, a beira do sepulcro do Señor, é tempo de reflexión, de silencio, de oración, de contemplación e de firme esperanza. Non acaba todo coa morte do Señor. A o lado da Mai Dolorosa e a os pés do Santo Cristo de Ourense sentímonos agarimados. ¡Canto nos quere Deus, como nos coida con tenrura e como nos ama ata o extremo de darnos a o seu Fillo, morto na cruz, para a salvación de  todos! O Santo Cristo asume a dor dos enfermos todos, a dor dos seus familiares e amigos, a dor de todos aqueles que ten perdido a un ser querido neste días de desolación humana.
Esta é a  noite na que rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo
Pero chega a celebración principal da Semana Santa, a Vixilia Pascual, e nai de tódalas vixilias.  Céntrase na luz, que é Cristo, luz do mundo, que disipa tódalas tebras, escuridades e mentiras. O canto celestial da Anxélica resume o gozo da Igrexa no encontro con Señor resucitado:.  “Esta noite santa espanta os pecados, lava as culpas, devolve a inocencia a os caídos, a alegría a os tristes”.  ¡Que Deus nos libre da escuridade na que nos ten metidos o coronavirus!
«Luz de Cristo. Demos gracias A dios”
Lembramos a da Historia da Salvación, que culmina no Novo Testamento con Cristo Glorioso e co canto do Pascual. A liturxia bautismal, axúdanos a renovar as promesas do noso bautismo para vivir como criaturas novas. A celebración remata coa Eucaristía e con xestos de alegría en tódalas familias que seguen a celebración por la TVG. ¡Feliz Pascua de Resurrección para todos!
Fotos Celebración:

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.