Se ben non chegou completo ata os nosos días, segue con fidelidade a mensaxe catequético da Idade Media, encadeando as profecías do Antigo Testamento e da Boa Nova do Novo -Profetas e Apóstoles- na figura central de Xesucristo, que virá novamente para xulgar a vivos e mortos -Apocalipsis-. A función moralizante do programa iconográfico é innegable, como pode advertirse desgranando todo o conxunto: ceo, condenación, ánxos trompeteiros, que nos evocan os temores da sociedade posterior o ano 1000.
Por cercanía e por coñecemento a través dos artistas e mestres constructores, a Catedral de Ourense no seu interior levantouse este pórtico cunha clara influencia compostelana; eso sí, casi cen anos despois e sen a xenialidade expresiva do mestre Mateo, o que pode apreciarse pola quietude das imáxes que balizan o pórtico. Pero eso motiva, non obstante, que o Pórtico do Paraíso no sexa unha simple transcrición da Gloria de Santiago, tendo a sua particular composición que o diferencia. Formado por tres arcos, o central é de máis altura, caracterizase pola sua escultura policromada. O remate final do mesmo, seguramente, tivera lugar nos anos do Bispo Lourenzo.