• 24 abril, 2021

Rito de admisión Redemptoris Mater

Rito de admisión Redemptoris Mater

RITO PARA A ADMISIÓN DE CANDIDATOS Á ORDE SACERDOTAL.

 

SEMINARIO “REDEMPTORIS MATER”

  1. I. CATEDRAL DE SAN MARTIÑO

 

24 – IV – 2021

 

 

“Estes irmáns nosos que hoxe se presentan ante a  Igrexa Francisco Martín García Amboage, de 23 anos, natural de Vigo e Francesco Salvatori, de 27 anos, natural de Roma, piden ser admitidos entre os candidatos á Orde sagrada, que­darán encomendados tanto a min coma a todos vós.

Cristo mandou: «Rogádelle ó dono da seara que mande xornaleiros á súa seitura.» Por isto, eles, conscientes da soli­citude do Señor polo seu pobo e tendo en costa a necesidade que ten a Igrexa de ministros, están dispostos a responder con xenerosidade á chamada do Señor, dicindo co profeta: «Aquí estou, mándame.» Confiados no Señor, esperan ser fieis á súa vocación. Certamente, a través dos diversos acontecementos da vida foron presentindo e descubrindo a voz de Deus que os chamaba, e como homes prudentes viron nestes acontecementos o sinal da vontade de Deus.

É Deus mesmo quen move e axuda coa súa gracia a aqueles que chama a participar no sacerdocio xerárquico de Cristo; pero encoméndalles ós Bispos que, unha vez comprobada a idoneidade dos candidatos, os chamemos e os consagremos ó servicio de Deus e da Igrexa, sinalándoos para tal misión co selo peculiar do Espírito Santo. Desta maneira, quedan destinados, por medio da Orde sagrada, para perpetuala misión salvadora que Cristo veu realizar ao mundo….

Agora, pois, empuxados polo amor a Cristo e sentíndose fortalecidos pola acción íntima do Espírito Santo, decidiron manifestar publicamente o seu desexo de consagrarse ao servicio de Deus e dos homes. De hoxe en diante, pois, debedes cultivar con máis intensidade a vosa vocación, especialmente aproveitando aqueles medios cos que pode prestarvos  auxilio e axuda a comunidade eclesial delegada para este fin. Todos nós, pola sosa parte, confiando no Señor, axudarémosvos coa caridade e a oración”.

Oración:

Escoita, Señor, a nosa oración e, pola túa bondade, dígnate + bendicir estes teus fillos que desexan consagrarse ó culto divino e ó servicio do teu pobo, no ministerio sagrado. Fai que perseveren na súa vocación, que, unidos con amor verdadeiro a Cristo sacerdote, cheguen a ser aptos para recibiren con dignidade o ministerio apostólico. Por Cristo, noso Señor. Amén.

 

GALERÍA DE FOTOS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.