20181111_113718_resized

Solemnidad de San Martín de Tours

SAN MARTIÑO DE TOURS

Día 11 de noviembre

Facer memoria da historia sagrada da nosa Igrexa é xusto e necesario para non deixarnos asoballar por tantas acusacións como se nos fan de pecado e de falta de testemuño cristián.  Temos que tomar exemplo dos nosos santos, que viviron a virtude tantas veces en grado heroico, e sempre en ben dos máis pobres e desfavorecidos. Existe unha narración de Gregorio de Tours (538-673), que ven a dicir que a conversión dos suevos en Ourense debeuse a que San Martiño de Tours curou milagrosamente ao fillo do rei suevo Carriarico e, en pago da curación, nomeouno patrón tanto da Catedral coma da Diocese. O certo é que, cando nace Martiño de Tours, no 317, aquí en Ourense viviamos no período dos suevos  (últimos de século IV ata os primeiros o século VI). E non chegará a nosa terra a fama da súa santidade ata que outro Martiño, neste caso San Martiño de Dumio, nos dera a coñecer ao santo taumaturgo da Pannonia en Hungría. Ambolos dous eran paisano, anque este era dous séculos posterior. Dende a curación milagrosa do fillo do rei  Carriarico tódolos ourensáns convertéronse de aquela  a verdadeira fe cristiá. E tamén dende aquela, cada ano os ourensáns somos fieis a celebración da festa do noso Patrón Martiño. Cando a Igrexa diocesana está a celebrar o Sínodo na procura de unha nova evanxelización para a nosa terra, non podemos menos de ollar ao pasado e aprender de San Martiño, evanxelizador das terras galas, sen esquecer ao outro San Martiño de Braga, que foi quen de evanxelizarnos aos galegos.
 “Martiño, eu son Xesús, a quen ti lle deches a metade da túa capa para que non pasara frío”. A imaxe de Martiño, compartindo a capa co pobre mendigo, convértese para todos nós en icono de misericordia e en modelo a imitar para tódolos pastores da Igrexa. Traballou arreo pola evanxelización das terras de Tours; congregou aos pobos en parroquias; creou comunidades para acoller aos sacerdotes, que residirían en mosteiros, co gallo de asegurarlles unha constante formación permanente con un clima axeitado para  oración e a contemplación; e logo íaos enviando a cada unha das zonas segundo as súas necesidades e posibilidades.
Galería de fotos:
 ]]>

Los comentarios están cerrados.