IMG_8398

Venres Santo

Venres Santo

Non choredes por min, chorade polos vosos fillos…”.
“Pai, perdóalles, porque non saben o que fan”.
“Hoxe estarás con migo no paraíso”
 
Hoxe é venres santo. O Viacrucis escríbese cos sufrimentos do noso pobo, incorporados a Cristo que carga coa cruz de todos. Cada unha das estacións do Calvario describe a situación das mulleres e dos homes que soportan a contaminación do covid-19.
A lectura da paixón do Señor ten este ano unha resonancia especial: en Cristo lemos a nosa vida, cada quen cargado coa súa cruz e arrimados ao Señor para que nos sexa máis soportable. As palabras do Señor son tenrura e misericordia en todo o recorrido do Viacrucis. “Non choredes por min, chorade polos vosos fillos…”. “Pai, perdóalles, porque non saben o que fan”. “Hoxe estarás con migo no paraíso”. “Todo está cumprido”. Seguir ao Señor é seguir a historia da humanidade de hoxe.
Hoxe rezamos polas necesidades do mundo enteiro. Neste ano especialmente polos afectados polo coronavirus, polos traballadores do mundo da saúde, por todos aqueles que prestan servicios excepcionais en favor dos doentes e tamén nos acordamos dos fieis defuntos. ¡Que o Señor nos libre deste mal!
 
Adoramos a  Cruz Redentora do Señor. É o acto principal nesta xornada. Farémolo dende o noso corazón con unha inclinación profunda. “Mirade a árbore da Cruz, onde estivo cravada a salvación do mundo. !Vinde todos a adorala!
Fotos Celebración:
 ]]>

Los comentarios están cerrados.