Venres Santo na Paixón do Señor
Neste día a acción litúrxica desenvólvese en ambiente de silencio e contemplación. A celebración iníciase co rito de entrada con procesión silenciosa e con prostración ante o altar dos celebrantes; seguida da liturxia da Palabra coa lectura da paixón e a oración universal; adoración da Santa Cruz, sinal do triunfo do amor de Cristo sobre a morte e o pecado; o rito de comuñón coa reserva do Santísimo Sacramento do Xoves Santo e despois procesión do Santo Enterro polas rúas da cidade.
A Igrexa, meditando na Paixón do Señor e Esposo e adorando a Cruz, conmemora o seu propio nacemento e a súa misión de estender o Evanxeo polo mundo enteiro. A Igrexa da grazas por tan inefable misterio redentor e intercede pola salvación da humanidade.
Os exercicios de piedade, como o Viacrucis, as procesións da Paixón e a lembranza das dores da Santísima Virxe María, propios de este tempo, non poden ser descoidados, dada a súa importancia pastoral. Os textos e os cantos empregados deben responder ao espírito da liturxia do día. Os tempos destes exercicios piadosos deben regularse co tempo da celebración litúrxica de tal xeito que quede claro que a acción litúrxica, pola súa propia natureza, está por riba dos exercicios piadosos. Na Catedral, a celebración será ás 17:00 h e a procesión ás 21:00 horas.
Oficio de lecturas e Laudes:
Galería Celebración:
]]>