Image-2

Xoves Santo na Cea do Señor.

Xoves Santo na cea del señor

Coa misa vespertina do xoves santo, a Igrexa comeza o Triduo Pascual e evoca aquela cea na que o Señor Xesús, na noite na que ía ser entregado, amou ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceulle a Deus Pai o seu Corpo e o seu Sangue baixo as especies de pan e viño e déullelos aos seus discípulos para que os comesen e bebesen, co encargo de que, en adiante, eles fixeran o mesmo.

Fai tempo, nos nosos pobos, cando se escoitaban as campás anunciando o inicio do triduo sacro, cesaba toda actividade agrícola e gandeira. Era tempo sagrado.

Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que se lembran na Misa: é dicir, a institución da Eucaristía, a institución da orde sacerdotal e o mandamento do Señor sobre a caridade fraterna; estes son os puntos que os fieis deben lembrar para que tan grandes misterios penetren máis a fondo na súa piedade e para que os vivan intensamente tanto nas súas costumes coma na súa vida.

Con esta celebración comezamos o santo Triduo Pascual da paixón, morte e resurrección do Señor. Con esta misa a Igrexa quere que vexamos a indisoluble unidade da Eucaristía coa cruz. A Eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. A morte de Xesús no Calvario faise para nós próxima e efectiva na celebración desta Eucaristía. Hoxe destacan o amor e a actitude de servizo de Cristo, entregándose voluntariamente á súa paixón por nós; o que se entende hoxe sobre todo no rito do lavado dos pés. O acto máis importante na liturxia de hoxe é participar na misa comulgando. A procesión ao monumento e a posterior adoración, ata a media noite, prolongarán a contemplación do celebrado na misa.

Oficio de lecturas e laudes

Misa in coena Domini:

Misa in coena Domini:
]]>

Los comentarios están cerrados.