• 13 abril, 2022

Día da misa crismal

Día da misa crismal

Misa Crismal

Feito histórico na Igrexa de Ourense: a bendición dos Santos Óleos e a consagración do Santo Crisma terán lugar na igrexa parroquial de Santa Eufemia do Centro nunha solemne celebración eucarística presidida polo Bispo.

A misa crismal, que o bispo concelebra co seu presbiterio, é coma unha manifestación de comuñón dos sacerdotes co propio bispo e con todo o pobo de Deus. Co santo crisma consagrado polo bispo, únxense os bautizados, sélanse os confirmados e únxense as mans dos presbíteros, as cabezas dos bispos e as paredes e altar das igrexas no caso da súa dedicación. Co aceite dos catecúmenos, prepáranse e disponse aos catecúmenos  para o Bautismo. Co óleo dos enfermos, estes reciben alivio e ánimo na  súa debilidade física e espiritual.

Neste día, ademais do matiz do sacerdocio ministerial, todo o pobo de Deus conmemora e celebra a súa realeza, a súa santidade e o seu sacerdocio, a súa pertenza ao Pobo de Deus grazas aos sacramentos da iniciación cristiá e, deste xeito, coa capacidade de bendicir ao Señor.

Ás cinco da tarde, na igrexa de santa Eufemia, terá lugar un retiro espiritual para os sacerdotes e ás sete da tarde, no mesmo templo parroquial, iniciarase a solemne concelebración da Misa Crismal. ºAcabada a celebración, os Señores Arciprestes levaran os santos óleos ás súas respectivas parroquias para utilizalos durante todo o ano ata a a próxima semana santa. Alí, reservados nun lugar digno, serán venerados polos feligreses.

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.