• 10 abril, 2022

Domingo de Ramos

Domingo de Ramos

Domingo de Ramos

Domingo de Ramos. Despois de dous anos de pandemia do covid 19, recuperamos a procesión de Ramos. A  procesión de ramos expresa de xeito sensible a nosa peregrinación  coresmal. Culminamos a subida a Xerusalén con Cristo para vivir con El a Pascua, quen, «recoñecido como home pola súa presenza, humillouse, fíxose.  obediente ata a morte e a morte de cruz». A liturxia de hoxe inclúe, pois, os dous polos do misterio pascual: o rexeitamento e a aceptación, a sombra e a luz, a morte e a vida. Da alegría da procesión pasamos á contemplación da Paixón de Cristo no Evanxeo. Estes dous polos atopan a súa expresión máis completa e perfecta na celebración da Eucaristía que, ao mesmo tempo que é sacrificio, é tamén un banquete festivo para os fillos de Deus.

Conmemórase a entrada do Señor na cidade santa, Xerusalén, e na nosa cidade coa procesión polas rúas de Ourense, desde o Parque de San Lázaro ata a Catedral Basílica de San Martiño, acompañando a Xesús, montado sobre a burriña, no medio do alborozo e rebumbio dos nenos e das persoas maiores, que aclaman ao Señor, cantando  “bendito o que ven no nome do Señor”. En tempos, pasados nos nosos pobos, os mozos e mozas buscaban os mellores ramos para lucir no domingo de ramos.

Galería de fotos:



lllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllll

 

 

 

 

 




































    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.