• 15 abril, 2022

Venres Santo

Venres Santo

 

 

Venres Santo na Paixón do Señor

 

Neste día a acción litúrxica desenvólvese en ambiente de silencio e contemplación. A celebración iníciase co rito de entrada con procesión silenciosa e con prostración ante o altar dos celebrantes; seguida da liturxia da Palabra coa lectura da paixón e a oración universal; adoración da Santa Cruz, sinal do triunfo do amor de Cristo sobre a morte e o pecado; o rito de comuñón coa reserva do Santísimo Sacramento do Xoves Santo e despois procesión do Santo Enterro polas rúas da cidade.

A Igrexa, meditando na Paixón do Señor e Esposo e adorando a Cruz, conmemora o seu propio nacemento e a súa misión de estender o Evanxeo polo mundo enteiro. A Igrexa da grazas por tan inefable misterio redentor e  intercede pola salvación da humanidade.

Os exercicios de piedade, como o Viacrucis,  as procesións da Paixón e a lembranza das dores da Santísima Virxe María, propios de este tempo,  non poden ser descoidados, dada a súa importancia pastoral. Os textos e os cantos empregados deben responder ao espírito da liturxia do día. Os tempos destes exercicios piadosos deben regularse co tempo da celebración litúrxica de tal xeito que quede claro que a acción litúrxica, pola súa propia natureza, está por riba dos exercicios piadosos. Na Catedral, a celebración será ás 17:00 h e a procesión ás 21:00 horas.

Oficio de lecturas e Laudes:

Galería Celebración:

 

    Nombre (requerido)

    Correo electrónico (requerido)

    Asunto

    Mensaje

    Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por el Cabildo de la Catedral de Ourense. La finalidad de la recogida de estos datos es la de atender a tu solicitud. Estos datos son enviados directamente a courense@artisplendore.com, cuenta de email situada en un servidor de la Unión Europea. Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, supresión, olvido, portabilidad, limitación a tratamiento, cancelación y oposición enviando un correo electrónico a courense@artisplendore.com Puedes consultar la información completa y detallada sobre privacidad en la Política de Privacidad de esta web.