O templo principal de Ourense data da segunda metade do século XII e a primeira metade do XIII e alguns autores sitúan esta construcción sobre os restos da primitiva basílica do período suevo, antiga catedral que estaba xa adicada a memoria de San Martín de Tours. A historia da Catedral entrelazase coas circunstancias socio-económicas xurdidas da repoboación levada a cabo por Alfonso III en torno o ano 900.
O seu Altar Maior foi consagrado finalmente no 1180 e durante os séculos XIV y XV complétase a súa arquitectura, elevándose o significativo ciborio entre os anos 1499 y 1505.
Construída en planta de Cruz latina, conta con tres naves separadas por pilares cruciformes, arcos dobrados e apuntados, impregnados dun románico de transición ó estilo gótico, con elementos posteriores renacentistas, barrocos e neoclásicos.
Foi declarada monumento nacional o 3 de Xuño de 1931 e ten honores de Basílica dende o ano 1887.
A versión infantil da audioguía é unha das propostas educativas desenvolvidas nesta catedral. As nosas audioguías infantís están pensadas para espertar a curiosidade e a imaxinación dos máis pequenos mentres percorren espazos cheos de historia.
A través de personaxes entrañables, diálogos divertidos e retos visuais, os nenos e nenas convértense en exploradores activos, descubrindo a arte, a arquitectura e as lendas de cada lugar dunha forma lúdica e emocionante. Cunha narración teatralizada e adaptada á súa linguaxe, estas visitas transforman cada monumento nunha gran aventura. Perfectas para familias, colexios ou calquera mozo visitante con ganas de vivir unha experiencia diferente.
Sen plans para o entroido ou San Valentín? Ven a coñecer coas túas persoas favoritas o monumento máis impresionante de Ourense. Un percorrido exclusivo pola nosa catedral baixo unha especial iluminación para contemplala desde diferentes perspectivas. Inclúe tamén a subida á tribuna do órgano para unha vista única das naves da basílica.
Data: 14 de febreiro ás 20h.
Prezo: 25€/adulto.
Duración aproximada: 1h 30 min.
*Necesaria a reserva previa. Prazas limitadas ata completar aforo.
*Prezo especial para residentes da Diocese de Ourense.
*Información e reservas vía telefónica ou email.
Sábado, 31 de xaneiro: de 12:00 a 18:30.
Mércores 18 de febreiro: De 10h a 14.30h e de 16h a 18h.
Sábado 28 de febreiro: De 13.30h a 18.30h.
*Último acceso 45 min antes de peche.