Xoves Santo na Cea do Señor
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2019/04/IMG_3242-e1555610629360-225x300.jpg)
Coa misa que se celebra nas horas vespertinas do xoves da Semana Santa, a Igrexa comeza o triduo pascual, e recorda a cea na que o Señor Xesús, na noite en que foi traizoado, tendo amado ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e sangue baixo as especies de pan e de viño e déullelas aos apóstolos para que as sumiran, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén as ofreceran
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2019/04/DSC02182-300x225.jpg)
Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que son lembrados na misa, é dicir, a institución da Eucaristía, “tomade e comede todos del…; tomade e bebede todos del…”, a institución da Orde sacerdotal, “Facede isto en memoria de min” e o mandamento do amor, “amádevos uns aos outros como eu vos teño amado”; estes tres puntos débenselle recordar aos fieis nas monicións da celebración para que tan grandes misterios penetren máis profundamente na súa piedade e para que os vivan mais intensamente nos seus hábitos e na súa vida.
Coa celebración da misa na cena do Señor comezamos o sagrado triduo pascual da paixón, morte e resurrección. Coa misa da última cea a Igrexa quere facernos ver a unidade indisoluble da Eucaristía coa cruz, xa que a eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. Por iso a morte de Xesús no Calvario é fáisenos próxima e eficaz na celebración desta Eucaristía. Hoxe salientan o amor ea actitude de servicio de Cristo ao entregarse voluntariamente a súa paixón por nós, que se significa perfectamente no lavatorio dos pés. O acto máis importante da liturxia de hoxe é participar na Misa e acercarnos a comulgar.
A procesión ao monumento e a adoración ata a media noite prolongarán na oración contemplación o que se celebrou na santa misa. Na Catedral os oficios da Misa da Cena do Señor son ás 17.00 horas na Catedral.
Neste día é tradición é visitar os monumentos das distintas parroquias coa finalidade de participar nas distintas espiritualidades que afloran en cada un deles e descubrir a beleza artística das nosas xentes a hora de confeccionar cada ano un monumento distinto.
Galería de Fotos:
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2019/04/20190418_172852_resized-300x146.jpg)
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2019/04/20190418_172957_resized-300x146.jpg)
![](https://catedralourense.com/wp-content/uploads/2019/04/IMG_3246-e1555610689974-225x300.jpg)
]]>