20181026_194445_resized

Misa de acción de gracias pola canonización do papa San Paulo VI

 

San Paulo VI

MISA DE ACCIÓN DE GRACIAS POLA CANONIZACIÓN Do PAPA PAULO VI

 O domingo, 14 de outubro, na praza de San Pedro en Roma,  o papa Francisco canonizaba a Paulo VI (1897-1978), ao mártir salvadoreño monseñor Oscar Romero (1.917-1.980), a madrileña de nacemento e boliviana de corazón Nazaria Ignacia (1889-1943) e a catro novos santos máis.  O papa Francisco dixo na súa homilía que «seguindo o exemplo do apóstolo do que tomara o seu nome, Paulo VI «gastou a súa vida polo Evanxeo de Cristo, cruzando fronteiras e converténdose en profeta dunha Igrexa extrovertida que mira aos que están lonxe e coida dos pobres». Sendo arcebispo de Milán, co gallo da misión na arquidiocese , dixo: «aos que están lonxe, aos que non son católicos, aos que se confesan anticlericais, a aqueles que están lonxe, porque dubidan da validez do noso credo; … a aqueles que están lonxe pola desconfianza na Igrexa e nos curas; … vinde todos; os brazos de Cristo permanecen abertos para vós; o meu único sentimento e propósito será  para vós o do amor paterno». «Por que se afasta este irmán?, preguntábase:  porque non é querido de abondo… Irmáns que estades lonxe, perdoádenos».  O papa da Evangelii Nutiandi, xa pedía na misión de Milán un novo estilo de pastoral: «a primeira necesidade e o primeiro deber é a presentación da nosa relixión ao mundo moderno de forma máis xenuína e eficaz»; «a gran urxencia pastoral consiste en formar verdadeiros católicos, fieis e valentes … especialmente a través da Acción Católica».  Necesitamos mirar cara o futuro: «de que vale unha tradición que non mira para adiante e que se basea só en recordos? Esa tradición extínguese, morre. A tradición cristiá debe mirar cara diante. Unha tradición que desafía o futuro e crece en dificultades é unha tradición viva, en camiño e, por iso, sinodal … «. E convén recordar que “o home contemporáneo escoita máis a gusto aos que dan testemuño que aos que ensinan, e si escoitan aos que ensinan, é porque dan testemuño».  O Papa Francisco concluíu na súa homilía de canonización dicindo: «Hoxe, San Paulo VI,  tamén nos invita, xunto co Concilio Vaticano II, do que foi sabio temoneiro,  a vocación universal á santidade».  Hoxe, día 26 de outubro, venres, ás 20.00 horas, teremos na Catedral unha misa de acción de gracias a Deus, noso Pai, pola canonización do papa San Paulo VI. Presidirá o Sr. Bispo de Ourense. Galería de Fotos:       ]]>

Los comentarios están cerrados.