20180909_120421

Novena a las advocaciones marianas de Ourense

 Ourense Mariano

A Clamadoira 2022

Ourense mariano honra a Virxe María na xeografía debuxada polos principais santuarios marianos nos nosos montes e nos nosos vales (val do Miño, val do Sil, val do Arnoia, val do Támega, val do Limia, val do Salas, o val do Arenteiro e o val do Avia…). As advocacións marianas, que inflaman de amor e devoción os nosos corazóns, fanse presentes nestes días do setembro. Milagres, Portal, Remedios, Peneda, Xurés, Clamadoira, Aparecida, Cristal, … están de festa neste mes de setembro.

Claro que a Virxe da Clamadoira celebra a súa festa no segundo domingo de setembro. Polo que levamos visto ata agora nas outras advocacións marianas, o cheo vai a ser histórico. A xente ten ganas de saír, ten ganas de verse, ten ganas de saudarse e de contar as súas vivencias persoais e familiares, ten moitas ganas de festa e de troula.

Temos un motivo especial para subir ao monte da Clamadoira: darlle gracias ao Señor perante a Virxe María por ter feito o milagre de librarnos da covid 19 coa unión investigadora dos científicos, ca entrega do persoal do mundo sanitario, coa colaboración dos medios de comunicación audiovisuais e do transporte, coa resposta dos agricultores e gandeiros; todos a unha na loita contra a covid 19.

Pero sempre hai peros na vida; nada máis saír de unha xa estamos metidos noutra e non de menor calado: guerra de Ucraína. Eu non sei si os nosos gobernantes pensaron, si é que pensan, nas consecuencias do conflito. Rusia ten os ases na manga e, en tempos de guerra, vainos usar. Toda Europa sometida a estratexia do chantaxe do estratega ruso. Consecuentemente, prezos altísimos nos alimentos por aquelo da inflación, prezos altísimos na enerxía (gas, petróleos, electricidade ).  No alto da Clamadoira pedímoslle a nosa Señora que “veña a paz a nosa terra” . Mentres teñamos capacidade de diálogo, sobran as armas.

Os lumes volveron a nosa terra galega. Ven a miña memoria o verro de aquel político galego: “hai que queimar todo”. ¿Cal será o motivo de tanta queima no momento presente? O lume está ben nos lares, pero é un pecado gravísimo queimar montes, vales, leiras e casas. ¡Que a Virxe María nos dea un san xuízo”

E, por último, as nosas terras e as nosas xentes morren de sede. Os pobos buscan as fontes, esquecidas xa fai tempo, para aproveitalas e guialas aos depósitos de cada comunidade. A Igrexa ten unhas oracións para pedirlle ao Señor que apague a nosa sede e a sede dos nosos campos: “ad petendam pluviam”.  É tempo propicio para facer esta oración, pondo por intercesora a Virxe da Clamadoira.

]]>

Los comentarios están cerrados.