Romaría da Virxe do Viso

Reunímonos hoxe na romaría da nosa Señora, neste cumio privilexiado do monte do Viso// , miradoiro aberto á fermosa Baixa Limia, // para celebrar a nosa fe e poñer a nosa vida baixo o amparo da Virxe María//. Desde aquí contemplamos as nosas aldeas, os nosos montes, os nosos camiños, as nosas herdades, os nosos traballos, as nosas fontes e os nosos fogares//; pero tamén  a historia da fe que durante séculos foi medrando nesta comarca tan querida de Lobeira, de Bande, de Muiños, de Lobios e de Entrimo… //

Nesta celebración faise presente a figura da Virxe María na súa advocación de O Viso//. O Evanxeo recórdanos a Visitación: María sobe ás montañas de Xudá para visitar á súa curmá Santa Isabel//. Non queda pechada en si mesma, despois do anuncio do arcanxo san Gabriel//; ela ponse en camiño, leva alegría, leva servizo, leva a presenza de Deus. Deste xeito María convértese na primeira discípula misioneira//.

Este monte do Viso é un lugar de encontro con Deus e coa nosa historia//. Por estas terras pasou, hai moitos séculos, a antiga Vía XVIII romana, que unía Braga con Astorga. Por eses camiños chegaron tamén os primeiros anunciadores do Evanxeo//. A fe cristiá entrou nestas terras moi cedo, acompañando aos viaxeiros, aos pobos e ás comunidades que foron descubrindo a luz de Cristo//. E desde entón, xeración tras xeración, esta fe foi transmitida nas familias, nas parroquias, nas festas e en romarías coma esta//.

Los comentarios están cerrados.