Domingo de Ramos
Domingo de Ramos. Despois de dous anos de pandemia do covid 19, recuperamos a procesión de Ramos. A procesión de ramos expresa de xeito sensible a nosa peregrinación coresmal. Culminamos a subida a Xerusalén con Cristo para vivir con El a Pascua, quen, «recoñecido como home pola súa presenza, humillouse, fíxose. obediente ata a morte e a morte de cruz». A liturxia de hoxe inclúe, pois, os dous polos do misterio pascual: o rexeitamento e a aceptación, a sombra e a luz, a morte e a vida. Da alegría da procesión pasamos á contemplación da Paixón de Cristo no Evanxeo. Estes dous polos atopan a súa expresión máis completa e perfecta na celebración da Eucaristía que, ao mesmo tempo que é sacrificio, é tamén un banquete festivo para os fillos de Deus.
Conmemórase a entrada do Señor na cidade santa, Xerusalén, e na nosa cidade coa procesión polas rúas de Ourense, desde o Parque de San Lázaro ata a Catedral Basílica de San Martiño, acompañando a Xesús, montado sobre a burriña, no medio do alborozo e rebumbio dos nenos e das persoas maiores, que aclaman ao Señor, cantando “bendito o que ven no nome do Señor”. En tempos, pasados nos nosos pobos, os mozos e mozas buscaban os mellores ramos para lucir no domingo de ramos.
Galería de fotos:
lllllllllllllllllllllllllllllllllllllllllll
]]>