Día 25 de abril, jueves: 1º día de la novena.
Mirad mis manos y mis pies
Comentario:
Queremos comenzar esta novena, junto al Corazón de nuestro Santo Cristo Es la experiencia que pasa por tocar ese manantial inagotable del que manan todas las gracias, para aquel que quiera introducirse en su Corazón abierto. Es la experiencia que tuvieron los discípulos de tocar sus llagas en las que reconocen al crucificado que estaba vivo en medio de ellos.
Del Papa Francisco. Gaudete et exultate. 19-24.
Cada santo es una misión; es un proyecto del Padre para reflejar y encarnar, en un momento determinado de la historia, un aspecto del Evangelio. Esa misión tiene su sentido pleno en Cristo y solo se entiende desde él. En el fondo la santidad es vivir en unión con él los misterios de su vida. Consiste en asociarse a la muerte y resurrección del Señor de una manera única y personal, en morir y resucitar constantemente con él. Pero también puede implicar reproducir en la propia existencia distintos aspectos de la vida terrena de Jesús: su vida oculta, su vida comunitaria, su cercanía a los últimos, su pobreza y otras manifestaciones de su entrega por amor. La contemplación de estos misterios, como proponía san Ignacio de Loyola, nos orienta a hacerlos carne en nuestras opciones y actitudes.
Pregúntale siempre al Espíritu qué espera Jesús de ti en cada momento de tu existencia y en cada opción que debas tomar, para discernir el lugar que eso ocupa en tu propia misión
“Por tu pasión y muerte en cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos en la vida y en la muerte”. Pidamos al Santo Cristo de Ourense por nuestras intenciones y por las intenciones de toda la Iglesia (breve silencio).
Oración:
Oh Dios, que quisiste que tu amantísimo Hijo sufriese por nosotros el suplicio de la Cruz para arrojar de nosotros la tiranía del enemigo, concédenos a tus siervos, conseguir la gracia de la Resurrección. Por Cristo Nuestro Señor. Amén]]>



Predica la Novena, a las 18.30, el M. I. Sr. D. Luis Javier González Seguín,
Maestro Capilla de la S. I. Catedral
En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense. Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor.
Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza.
Galería de Fotos:



]]>











]]>




]]>

Neste día, no que «foi sacrificada a nosa Vítima Pascual, Cristo (1 Cor 5, 7), o que por longo tempo se nos prometera en misteriosa prefiguración, cumpriuse con plena eficacia. O verdadeiro Cordeiro substitúe á ovella que o anunciaba, e, así, co único sacrificio acábase a multiplicidade das vítimas antigas” (San León Magno).
Cristo morreu fóra dos muros da cidade cando foron sacrificados no templo os años para a pascua xudía. É o Cordeiro expiatorio que carga co peso dos nosos pecados. A igrexa brota do seu costado aberto pola lanza do soldado, para a salvación de todo o mundo, por quen se pide de xeito especial na oración dos fieis. O signo propio de este día é a imaxe do Crucificado, que a liturxia venera de un dun xeito especial.
Nos oficios litúrxicos do Venres Santo destacan a lectura da paixón e morte de Cristo na Cruz, a pregaria universal por tódalas necesidades do mundo e a veneración da Santa Cruz, Hoxe non se celebra a Eucaristía e día de xaxún e abstinencia. Na Catedral celébranse os oficios do Venres Santo son ás 17.00 horas. No Sábado Santo a Igrexa permanece ao lado do sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, a súa baixada aos infernos, e abstense absolutamente da celebración do sacrificio da misa, deixando espidos os altares ata que, despois da solemne vixilia da Resurrección, se inauguren os gozos da Pascua, que se estenderán por cincuetna días.
A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeño acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Nai Dolorosa.
Galería de fotos:





]]> 
Coa misa que se celebra nas horas vespertinas do xoves da Semana Santa, a Igrexa comeza o triduo pascual, e recorda a cea na que o Señor Xesús, na noite en que foi traizoado, tendo amado ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e sangue baixo as especies de pan e de viño e déullelas aos apóstolos para que as sumiran, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén as ofreceran
Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que son lembrados na misa, é dicir, a institución da Eucaristía, “tomade e comede todos del…; tomade e bebede todos del…”, a institución da Orde sacerdotal, “Facede isto en memoria de min” e o mandamento do amor, “amádevos uns aos outros como eu vos teño amado”; estes tres puntos débenselle recordar aos fieis nas monicións da celebración para que tan grandes misterios penetren máis profundamente na súa piedade e para que os vivan mais intensamente nos seus hábitos e na súa vida.
Coa celebración da misa na cena do Señor comezamos o sagrado triduo pascual da paixón, morte e resurrección. Coa misa da última cea a Igrexa quere facernos ver a unidade indisoluble da Eucaristía coa cruz, xa que a eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. Por iso a morte de Xesús no Calvario é fáisenos próxima e eficaz na celebración desta Eucaristía. Hoxe salientan o amor ea actitude de servicio de Cristo ao entregarse voluntariamente a súa paixón por nós, que se significa perfectamente no lavatorio dos pés. O acto máis importante da liturxia de hoxe é participar na Misa e acercarnos a comulgar.
A procesión ao monumento e a adoración ata a media noite prolongarán na oración contemplación o que se celebrou na santa misa. Na Catedral os oficios da Misa da Cena do Señor son ás 17.00 horas na Catedral.
Neste día é tradición é visitar os monumentos das distintas parroquias coa finalidade de participar nas distintas espiritualidades que afloran en cada un deles e descubrir a beleza artística das nosas xentes a hora de confeccionar cada ano un monumento distinto.
Galería de Fotos:


]]>

Os doce arciprestados da diocese de Ourense estarán representados polos sacerdotes, polos relixiosos e polos seglares de cada un de eles e que logo van a participar nesta celebración. Dous momentos importantes da Misa Crismal son, por un lado, o diálogo entre o Bispo e os sacerdotes e o compromiso destes de obediencia e dedicación plena á misión evanxelizadora e, por outro lado, a consagración e a bendición dos santos óleos, que nos lembra a todos que somos un pobo de reises, un pobo sacerdotal, unha asemblea santa, o pobo de Deus; e, por iso, somos invitados a bendicir o Señor. Co Crisma consagrada polo bispo únxenses aos recén bautizado, os confirmados son sellados e únxense as mans dos sacerdotes, a cabeza dos bispos e as igrexas e altares na súa dedicación. Co óleo dos catecúmenos prepáranse os que serán bautizados e fortalécense para que eles poidan ser capaces de vivir os compromisos que polo sacramento van contraer. Co óleo dos enfermos aténdense a todos aqueles que sofren de enfermidade física ou mental ou pollo peso dos anos, para sanalos e alivialos na súa dor e para que estean mellor preparados para acadar a saúde da vida que nunca máis acaba: vida eterna.
Antes da concelebración eucarística os sacerdotes reuniranse na igrexa de Santa Eufemia para un retiro espiritual como preparación para a Misa Crismal e para a celebración da Semana Santa. Será ás 17.00 horas. Concentraranse a o redor de cen sacerdotes chegados de cada un dos doce arciprestados e de cada una das delegacións episcopalais e das didistintas institucions relixiosas. Os arciprestes levarán os santos óleos bedecidos e consagrados neste día para cada un dos seus arciprestados.



]]>

]]>