3º Día de la Novena al Santo Cristo de Ourense.
Novena al Santo Cristo de Ourense
2º Día de la Novena al Santo Cristo de Ourense.
Prisión de Jesús y huida de los Apóstoles. Mc. 14, 43 – 50.
“¿Judas, con un beso entregas al Hijo del Hombre?” Mis traiciones, mis cobardías, mis silencios, son, a veces, Señor, señal de que también yo no soy valiente para vivir y defender mi fe.
Antes de la pasión y muerte de Cristo, traición, miedo, silencios, pasar desapercibidos… Después de la resurrección de Jesús, los primeros discípulos empiezan a comprender algo del misterio de la redención. “¿Qué conversación es esa que traéis mientras vais de camino?…Quédate con nosotros, porque atardece”. Lc. 24, 13 – 35.
Los discípulos de Emaús parten tristes y vuelven gozosos. Ignoraban las escrituras; pero ahora comprenden lo que los profetas decían de Jesús. Hoy, ¿cómo nos encontramos con Cristo Resucitado? Está a nuestro lado, hace con nosotros el camino. Hacen falta ojos limpios y llenos de fe para reconocerlo.
Leer las Escrituras y participar en la Eucaristía nos abrirá los ojos para comprender que el Señor vive. Y muchos se unen a la comunidad que celebra al Resucitado: “era verdad, el Señor vive”.
“Por tu pasión y muerte en cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos en la vida y en la muerte”. Pidamos al Santo Cristo de Ourense por nuestras intenciones y por las intenciones de toda la Iglesia (breve silencio).
Oración en tiempos difíciles:
Por intercesión de san Roque, líbranos, Señor de pestes y males. Enséñanos a llevar nuestra cruz unidos a tus sufrimientos, para que se manifieste en nosotros la luz de tu gloria. Apiádate de nosotros, Señor.
Oración: Oh Dios, que quisiste que tu amantísimo Hijo sufriese por nosotros el suplicio de la Cruz para arrojar de nosotros la tiranía del enemigo, concédenos a tus siervos, conseguir la gracia de la Resurrección. Por Cristo Nuestro Señor. Amén
Galería de foros:
]]>
Novena al Santo Cristo de Ourense
1er Día de la Novena al Santo Cristo de Ourense.
oración de Jesús en el Huerto. Mc. 14, 32 – 38.
“Padre, si es posible, aparta de mí este cáliz; pero no se haga mi voluntad, sino la tuya”. Nuestras tristezas, nuestras angustias nos llevan, a veces, a la desesperación. Señor, ayúdanos a confiar en el Padre Dios.
Jesús, obediente a la voluntad del Padre es modelo a seguir para todos aquellos que quieren imitarle de cerca, como el evangelista San Marcos, a quien hoy celebramos: “Id al mundo entero y proclamad el Evangelio a toda la creación… Ellos se fueron a pregonar el Evangelio por todas partes” Mc. 16, 15 – 20
El relato de la victoria de Jesús es un acontecimiento de tal magnitud que su proclamación gozosa deja al oyente sobrecogido y sin habla. Jamás podrá aceptarlo por si solo: “les echó en cara su incredulidad”.
“Por tu pasión y muerte en cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos compasivo en la vida y en la muerte”. Pidamos al Santo Cristo de Ourense por nuestras intenciones y por las intenciones de toda la Iglesia (breve silencio).
Oración en tiempos difíciles: Tú, que has tenido compasión por todos los sufrimientos humanos, reanima la esperanza de los enfermos y dales serenidad y salud, pero haznos también a nosotros solícitos para aliviar sus sufrimientos. Apiádate de nosotros, Señor.
Oración
Oh Dios, que quisiste que tu amantísimo Hijo sufriese por nosotros el suplicio de la Cruz para arrojar de nosotros la tiranía del enemigo, concédenos a tus siervos, conseguir la gracia de la Resurrección. Por Cristo Nuestro Señor. Amén
]]>
Novena al Santo Cristo de Ourense
Novena a o Santo Cristo de Ourense
Do 25 de abril a o 3 de maio do ano 2020
Renovación ou nova inscripción a Cofradía do Santo Cristo a o longo de todo o ano
Radio Ourense, Cadena Ser, transmitirá a novena do Santo Cristo ás 13.00 hora; nos domingos o Sr. Bispo celebrará a misa de doce, que se transmitirá por televisión, incluido o día 3 de maio, festa do Santo Cristo de Ourense. No Blog da Catedral de Ourense e no Sitio Web Oficial da Catedral colgarase a novena para cada día.
A pandemia que nos tocou en sorte neste ano impídenos celebrar a novena a o Santo Crsito de Ourense como era costume dende tempos inmemoriais. Iniciábase o día 25 de abril con toda solemnidade e rematábase o día 3 de maio, día da festa do Santo Crsito de Ourense, que, en outros tempos, coincidía ca festa dos maios ou das cruces.
O tempo que nos toca vivir é o que é, nen millor nen peor. Por iso, hai que acomodarse a o dictado do que nos ven dado. Por iso, a Catedral vai estar fechada a o culto, como é preceptivo, pero procuraremos utilizar a radio e máis as redes sociais para achegarnos, na medida do posible, a tódolos aurensáns devotos do Santo Crsito, que queiran unirse en oración a o longo da novena.
O Sr. Bispo presidirá a misa dos domingos, que se transmitirá por televisión local, ás doce ás horas. Radio Ourense, cadena SER, as 13.00 horas, transmitirá a novena para cada un dos días. A o mesmo tempo, dende a Catedral, colgarase no Blog Catedral de Ourense e no Sitio Web Oficial da Catedral a novena de cada día para que poidan aceder a ela cantos queiran.
O día 3 de maio, festa do Santo Crsito de Ourense o Sr. Bispo celebrará a misa de doce. A novidade de este ano consite en que nas nosas casas cada familia procure ter, a o longo do día, un momento de oración a o Santo Cristo de Ourense. Temos moito que agradecerlle ao Bendito Cristo de Ourense (persoal sanitario, persoal da limpeza e desinfección, persoal que nos suministra o pan de cada día, as forzas armadas, a policía, o mundo das comunicacións sociais…), temos moito que pedirlle neste ano de tristura por tantos fallecidos, por tantos contaxiados, por tantas persoas en soidade, por tantas familias que afrontaron con valentía e coraxe a despedida dos seus seres máis queridos… E, a o mesmo tempo que facemos isto, estamos transmitindo a os nosos fillos e netos a tradición do amor dos ourensanos a o noso Santo Cristo.
Non esquezamos nunca a súplica máis querida da novena: ¡Pola túa paixón e morte de Cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos na vida e máis na morte!
]]>
Domingo de Gloria
Domingo de Resurrección
¡Felices Pascuas! ¡Cristo resucitou!
A nosa fe na resurrección do Señor vennos da Igrexa, que durante séculos foinos transmitindo a testemuña dos apóstolos, que viron a sepultura valeira, creron no Señor e comeron na mesma mesa co resucitado.
O domingo de Pascua de Resurrección é solemnidade de solemnidades na Igrexa. Noutros anos estariamos a falar da festa das festas dos cristiáns. Iso explica que non chegue un só domingo para os festexos, Fan falta cincuenta días da celebración da Pascua. Como dicía san Atanasio: “os cincuenta días que van dende o domingo de Pascua ata o domingo de Pentecostes ten que ser celebrados con alegría e exultación como si se tratase de un só e único día festivo, aínda máis, coma un gran domingo”.
Pero os mesmos cincuenta días son pousos e por iso en tódolos domingos do ano celebramos a festa da resurrección de Cristo sobre o poder da morte e do pecado. Ca resurrección do Señor vense cumpridas as promesas de un ceo novo e de unha terra nova, onda no haberá choros nin bagoas; loito nin tristura, escuridade nin tebras. Será o día do Señor, que supera todo mal.
Nós, nestes días, abatidos polo peso do mal no mundo, pedímoslle ao Señor que ilumine ás nosas autoridades e a o persoal do mundo da sabedoría para que encontren remedio oportuno a o noso sufrimento. Esperamos gozar de esa nova terra, en compañía dos nosos amigos e coñecidos. E na mentres, a pesar de todo, queremos berrar moi alto: ¡Felices Pascuas para todos, Cristo resucitou!
Fotos Celebración:
]]>
Sábado Santo
Sábado Santo
Sábado de Gloria
“A túa cruz adoramos, Señor, e a túa santa resurrección alabamos e glorificamos. Polo madeiro veu a salvación a o mundo enteiro”
O sábado santo pola mañá, a beira do sepulcro do Señor, é tempo de reflexión, de silencio, de oración, de contemplación e de firme esperanza. Non acaba todo coa morte do Señor. A o lado da Mai Dolorosa e a os pés do Santo Cristo de Ourense sentímonos agarimados. ¡Canto nos quere Deus, como nos coida con tenrura e como nos ama ata o extremo de darnos a o seu Fillo, morto na cruz, para a salvación de todos! O Santo Cristo asume a dor dos enfermos todos, a dor dos seus familiares e amigos, a dor de todos aqueles que ten perdido a un ser querido neste días de desolación humana.
“Esta é a noite na que rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo”
Pero chega a celebración principal da Semana Santa, a Vixilia Pascual, e nai de tódalas vixilias. Céntrase na luz, que é Cristo, luz do mundo, que disipa tódalas tebras, escuridades e mentiras. O canto celestial da Anxélica resume o gozo da Igrexa no encontro con Señor resucitado:. “Esta noite santa espanta os pecados, lava as culpas, devolve a inocencia a os caídos, a alegría a os tristes”. ¡Que Deus nos libre da escuridade na que nos ten metidos o coronavirus!
«Luz de Cristo. Demos gracias A dios”
Lembramos a da Historia da Salvación, que culmina no Novo Testamento con Cristo Glorioso e co canto do Pascual. A liturxia bautismal, axúdanos a renovar as promesas do noso bautismo para vivir como criaturas novas. A celebración remata coa Eucaristía e con xestos de alegría en tódalas familias que seguen a celebración por la TVG. ¡Feliz Pascua de Resurrección para todos!
Fotos Celebración:
]]>
Venres Santo
Venres Santo
“Non choredes por min, chorade polos vosos fillos…”.
“Pai, perdóalles, porque non saben o que fan”.
“Hoxe estarás con migo no paraíso”
Hoxe é venres santo. O Viacrucis escríbese cos sufrimentos do noso pobo, incorporados a Cristo que carga coa cruz de todos. Cada unha das estacións do Calvario describe a situación das mulleres e dos homes que soportan a contaminación do covid-19.
A lectura da paixón do Señor ten este ano unha resonancia especial: en Cristo lemos a nosa vida, cada quen cargado coa súa cruz e arrimados ao Señor para que nos sexa máis soportable. As palabras do Señor son tenrura e misericordia en todo o recorrido do Viacrucis. “Non choredes por min, chorade polos vosos fillos…”. “Pai, perdóalles, porque non saben o que fan”. “Hoxe estarás con migo no paraíso”. “Todo está cumprido”. Seguir ao Señor é seguir a historia da humanidade de hoxe.
Hoxe rezamos polas necesidades do mundo enteiro. Neste ano especialmente polos afectados polo coronavirus, polos traballadores do mundo da saúde, por todos aqueles que prestan servicios excepcionais en favor dos doentes e tamén nos acordamos dos fieis defuntos. ¡Que o Señor nos libre deste mal!
Adoramos a Cruz Redentora do Señor. É o acto principal nesta xornada. Farémolo dende o noso corazón con unha inclinación profunda. “Mirade a árbore da Cruz, onde estivo cravada a salvación do mundo. !Vinde todos a adorala!
]]>
Xoves Santo
Xoves Santo, Día do amor fraterno.
Semana Santa, semana da humanidade en espera, na espera da Vida, na espera de Cristo Resucitado.
“Tomade e comede, isto é o meu corpo…”
“Facede isto en memoria de min”
“Amádevos uns a os outros como eu vos teño amado”
“Non vos deixarei sos; eu estarei convosco ata a fin do mundo”
Neste día a consagración do pan e máis do viño polo noso Señor refrescan a nosa memoria e convídannos a acción de gracias que é a Eucaristía: “tomade e comede, isto é o meu corpo”, “tomade e bebede, este é o cáliz do meu sangue”. Vivimos tempos difíciles pola pandemia que nos afecta. Parécenos como si Deus, xa canso, abandonase o noso mundo. Pero é só aparencia, pois o Señor, é fiel sempre a palabra a prometida: “eu estarei convosco tódolos días ata a fin do mundo”.
Neste día recordamos a institución do sacerdocio coas palabras do Señor: “facede isto en memoria de min”. Os sacerdotes, o presbiterio diocesano, estamos chamados a facer as veces do Señor. Sabemos que a tarefa non é doada; facer as veces de Deus feito home non é posible. Sabemos a meta a que estamos chamados, pero somos conscientes das nosas debilidades, como todo o mundo coñece. A pesar de iso seguimos prestando o servicio da curación polos sacramentos da santa Nai Igrexa. Posiblemente na peste de hoxe faltan San Roques e San Martiños de Tours que compartan a vida cos máis infectados.
Neste día celebramos o día do amor fraterno. ¡Que fácil é hoxe comprender isto! As 20 horas aplaudímoslle a os nosos sanitarios, ás forzas armadas, as persoas que prestan os servicios máis necesarios no memento presente. As 12.00 horas soan as campás das igrexas para o rezo do Ánxelus en oración por tódolos implicados na loita contra o coronavirus, vivos e defuntos.. E no transfundo, o Señor: “amádevos uns a os outros, como eu vos teño amado”.
Fotos Celebración: