Pascua de resurrección
“Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne” Esta é a nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron y beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite pola Igrexa ao longo dos séculos. Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e, a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa. Nós, pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a vida. E por iso debemos buscar sempre os bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai. Felices Pascuas de resurrección para todos. ¡Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! “Cristo vive e El é a máis fermosa beleza e mocidade para o mundo”.
En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense. Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor.
Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza.
Galería de Fotos:






]]>












]]>




]]>

]]> 
]]>

Breve historia do diaconado permanente:
O diaconato aparece xa no Novo Testamento e é frecuentemente citado polos pais da Igrexa e polos concilios dos primeiros séculos. A institución diaconal floreceu ata o século V; máis tarde experimentou un lento descenso, acabando por quedarse só como unha etapa intermedia para acceder ao sacerdocio. O Concilio de Trento mandou que se restaurase o diaconado permanente, pero sen accións concretas. O Concilio Vaticano II restitúeo como «o grao propio e permanente da xerarquía». E, por último, o Código de Dereito Canónico, promulgado en 1983 polo Papa Xoán Paulo II, integrou as disposicións que o Concilio Vaticano II ordenara así como as ensinanzas sobre o tema do Papa San Pablo VI. Nas diócesis españolas, as Normas prácticas para o establecemento do diaconado permanente foron aprobadas en Decreto pola Sagrada Congregación para os Sacramentos e Culto Divino con data do 29 de abril de 1978.

Misión dos diáconos permanentes:
O diácono exerce o servizo ao Pobo de Deus nos tres ámbitos fundamentais da misión da Igrexa: ensinar, santificar e guiar co testemuño caritativo-social. Así, o diácono está chamado a anunciar o Evanxeo e a predicar. O diácono instrúe o pobo de Deus a través da homilía, da catequese e dos distintos espazos de transmisión da Palabra. No ámbito litúrxico e sacramental, o diácono participa na acción santificadora do pobo de Deus. Así, preside a celebración dalgúns sacramentos (bautismo e matrimonio), preside os ritos exequiais e tamén a Liturxia das Horas, a oración dos fieis, e bendí ás persoas e ás cousas e, por riba de todo, axuda ao Bispo e ao sacerdote na celebracións da Eucaristía. No ámbito caritativo-social, de xeito preeminente, o diácono está chamado a ser dilixente testemuño da caridade de Cristo, que veu para servir e dar a súa vida.
Cal será a súa misión na diocese de Ourense?
Dentro das misión subliñadas e propias dos diáconos, a misión dos diáconos serán aquelas que lle encomende o Sr. Bispo: asistir ao Bispo nas celebracións, celebrar a Palabra, presidir celebracións en ausencia de sacerdotes, bautizar e asistir aos matrimonios, homilías, catequeses, coidado dos enfermos e tamén presidir as Caritas parroquiais, etc. Certamente serán de gran axuda para a Igrexa diocesana.
]]>

Hoxe, día 2 de febreiro, sábado, celebramos a festa da Presentación do Señor, chamada tamén polos gregos Hypapante ou festa da manifestación de Xesucristo coma luz que alumea a tódolos pobos. En Galicia chámaselle a festa das Candeas. Co gallo de esta festa, antes da misa, bendícense as candeas e faise una gran procesión polas naves da Catedral, presidida polo Sr. Bispo, acompañado polos membros do Cabido catedralicio, polos Sacerdotes, polos Relixiosos e por todos aqueles que queiran sumarse nesta xornada festiva. ¡É a festa da luz! En consonancia co tempo, o sol empeza a vencer a tebras, chegando a poder o día ca noite, pasando do inverno a primavera; todo ilo símbolo de “Cristo luz do mundo”.
Foi o papa san Xoán Paulo II quen inaugurou a Xornada Mundial das Persoas Consagradas o día 2 de febreiro do 1997. Tódalas persoas consagradas ( monxes, monxas, frades, relixiosos, relixiosas, institutos seculares, en definitiva tódalas persoas consagradas…) festexan neste día a vocación a que foron chamados por Deus e danlle gracias por formar parte do grupo dos escollidos para testemuñar a unión do ceo ca terra. O lema que escolleron para este día é “Pai noso. A vida Consagrada presenza do amor de Deus”. É dicir, cada consagrado, coa súa vida e testemuño, anuncia que Deus, noso Pai, é un Deus que nos ama entrañablemente. E, co seu Fillo Xesucristo, rezamos o Noso Pai, que tan ben expresa esa relación paterno filial.
As persoas consagradas son a alma da Igrexa que reza, contempla e vive, na humildade e dende a súa pobreza e obediencia, a súa entrega xenerosa aos más indixentes. Por desgracia son pouco coñecidas, e menos valoradas, incluso polos máis crentes. Este é un bo día para tomar conciencia de esta realidade eclesial e tamén para pedirlle ao Señor por todos eles e para pedirlle ao Señor que moitos mozos e mozas escoiten a súa chamada para vida consagrada e respondan con xenerosidade: “aquí estou, Señor, mándame a min”.

]]> 
A menudo tienen que venir de lejos para enseñarnos a valorar lo que tenemos cerca. Los habitantes de Belén quizás no advirtieron que la vida de aquel niño tan normal, y la de aquella familia recién llegada, era extraordinaria. Tuvieron que llegar unos magos de Oriente para revelar cómo Dios estaba presente a su lado, en aquellos vecinos llegados desde Galilea. Entonces pudieron entender los textos de los profetas que anunciaban una luz que atraería gente de todas partes. Pese a la proximidad de esta luz, permanecían a oscuras. No lo habían descubierto. Muchas veces somos incapaces de verlo que tenemos delante. Solos, aislados, nos dejamos llevar por la rutina y la monotonía. Necesitamos la ayuda de los demás para que nos despierten y así podamos captar el sentido de lo que vivimos. En cambio, para aquellos que buscan, todo se convierte en signo, ya sea una estrella en el cielo o las palabras de los antiguos.
La salvación del Dios de Jesucristo es para ellos. Debe llegar a todos los pueblos. Nadie posee la exclusividad. Todo aquel que lo busca de verdad lo puede encontrar (La misa de cada día. Claret).
Día de Reyes
Hoy, Señor Jesús, es día de regalos, día de magia e ilusión para los niños, cada uno de ellos es una prueba de que estás entre nosotros.
Hoy te adoramos a ti como al Niño que merece los mejores regalos. ¿Qué oro, qué incienso y qué mirra te puedo ofrecer?
En este día de Reyes, el oro de mis bolsillos es para ti en la persona de los pobres. Te ofrezco también el incienso de mi oración, ya que eres tú mi Dios y Señor. Y te doy la mirra de mis esfuerzos y sufrimientos pues sudor y lágrimas son regalo de amor verdadero.
Pero ningún regalo ni ofrenda que yo te dé puede compararse con lo que tú haces, tú mismo te entregas por nosotros. Por eso te acogemos con alegría, vamos hacia ti como la estrella, con premura, y queremos anunciarte y llevarte a todos los que veamos (Alborada no día do Señor. P. Fátima).
Galería de Fotos:
]]>

Galería de Fotos:

]]>












