Image

Día 6º de la novena

Día 6º de la novena

Jesús ha vivido el ser infante, ser necesitado, dependiente. Él se ha hecho débil, el que era la fortaleza; el que es Señor de la Historia se ha hecho fragmento del tiempo. Obediente a María y a José ha permanecido como Hijo toda su vida. Ello no es inmadurez e imperfección sino confianza y simplicidad.

«Todo pastor, en efecto, antes incluso de dedicarse a la guía del rebaño, debe recordar constantemente que él mismo es discípulo del Maestro, junto con los hermanos y hermanas, porque «a lo largo de la vida se es siempre «discípulo», con el constante anhelo de «configurarse» con Cristo». Sólo esta relación de seguimiento obediente y de discipulado fiel puede mantener la mente y el corazón en la dirección correcta, a pesar de las dificultades que la vida puede depararnos» (León XIV)

Pidamos hoy por los bautizados, especialmente los sacerdotes, para que como el Divino Maestro que tuvo como alimento la voluntad del Padre también ellos cultiven su dimensión de discípulos mientras son misioneros.

DSC01836

Día 5º de la novena

Día 5º de la novena

20230625_CatedralOurense_41

Día 4º de la novena

20230625_CatedralOurense_20

Día 3º de la Novena

20230625_CatedralOurense_6

Día 2º de la novena

20230625_CatedralOurense_1

Día 1º de la novena

Novena Xto 26

Novena al Santo Cristo de Ourense

 Como pasa o tempo! Aínda semella que foi onte cando me ocupaba, con certa preocupación, da organización e do contido da novena ao Santo Cristo de Ourense. Hoxe, en cambio, ao achegarse estas datas tan queridas —do 25 de abril ao 3 de maio—, o que sinto é unha fonda ledicia que me enche o corazón: volve a solemne novena ao Santo Cristo. E estou seguro de que este mesmo sentir aniña tamén no corazón de tantos devotos da bendita imaxe que se venera na catedral basílica de San Martiño.

A devoción do pobo de Ourense ao Santo Cristo pérdese na noite dos tempos. Xa dende o século XII, os nosos devanceiros se achegaban con tenrura á imaxe románica do Cristo dos Desamparados, na xirola, na capela da Asunción, presidida polo retablo de Mateo de Prado. Alí latexaba xa unha fe sinxela e profunda, que co paso dos séculos non deixou de medrar. Cando o bispo Vasco Pérez Mariño decidiu incorporar á catedral a imaxe do Santo Cristo, do século XIV, atopou unha terra xa preparada. A presenza do Cristo crucificado estaba viva dende finais do século XII: un Cristo cravado nunha cruz de gaxos, coroado con coroa imperial, suxeito con catro cravos e cos pés apoiados nun supedáneo. Así, a tarefa foi máis ben un camiño de continuidade: trasladar unha devoción xa enraizada cara á nova imaxe do Santo Cristo, que dende entón preside a capela que leva o seu nome. Hoxe, co paso do tempo, ambas devocións seguen a convivir, como dous latexos dunha mesma fe, no corazón da nosa catedral.

Durante estes días de novena, a vida da catedral intensifícase. Polas mañás celebraranse tres misas (8:00, 10:30 e 11:30) e, xa pola tarde, reunirémonos ás 19:30 para o rezo do Santo Rosario, que dará paso á misa maior das 20:00. Como é costume, haberá confesores dispoñibles antes de cada misa, ofrecendo a oportunidade de reconciliación e encontro.

A novena será tamén tempo de renovación: renovación da nosa pertenza á Cofradía do Santo Cristo e ocasión para que outros se incorporen a esta familia de fe. Unha familia que non remata co paso do tempo, senón que se estende na oración e na memoria agradecida: ao longo do ano, lembramos aos confrades falecidos nas celebracións e, de maneira especial, cada día 3 de mes, cando se ofrece a misa por todos eles. É este un fermoso sinal da comuñón espiritual que nos une máis alá das distancias e mesmo da morte. Neste ano acompañaranos como predicador o M. I. Sr. D. José Seijo González, secretario do cabido catedralicio e vicario xudicial da diocese. E, con ilusión renovada, acolle tamén o seu servizo como reitor da Capela do Santo Cristo o M. I. Sr. D. Pablo César González Carballo, canónigo da catedral basílica e vicario do clero. Que esta novena sexa, unha vez máis, un tempo de graza, de encontro e de esperanza para todos.