Día 1º.- Martín, nacido en la Panonia Húngara:
Tema: Martín nace de noble familia militar pagana.
Neste día, Señor, en que facemos
de Martiño de Tours memoria santa,
traémosche, de amor ofrenda humilde,
da gratitude as flores perfumadas.
Pola oración,
que en monacal unión lle segue o traballo,
gracias, Señor.
Polo Pastor,
que os seus apacentou con forte brazo,
gracias, Señor.
Polo esplendor
da gloria que refulxe nos teus santos,
gracias, Señor.
E polo ardor
que a túa gracia lle regala ó ser humano,
gracias, Señor.
Neste día, Señor, en que facemos
de Martiño de Tours memoria santa,
traémosche, de amor ofrenda humilde,
da gratitude as flores perfumadas.

