Novena ao Santo Cristo de Ourense
Novena al Santo Cristo de Ourense
Novena al Santo Cristo
DEL DÍA 25 DE ABRIL AL DÍA 3 DE MAYO
Predica la Novena, a las 18.30, el M. I. Sr. D. Luis Javier González Seguín, Maestro Capilla de la S. I. Catedral
Misas desde la 8 de la mañana, con novena y confesiones antes de cada misa.
Santo Rosario a las 18.00 y a las 19.30.
A lo largo de la novena podemos aprovechar para renovar la cofradía al Santo Cristo y para hacer nuevas inscripciones.
El día 3 de mayo, fiesta del Santo Cristo, misa por los cofrades difuntos a las 11 horas.
]]>Concierto de Pascua
CONCIERTO DE PASCUA S. I. Catedral de San Martiño
CONCIERTO DE MÚSICA SACRA
Lunes de Pascua
22 de abril de 2019,
a las 20.45 horas
CORAL DEL LICEO
]]>Domingo de Pascua
Pascua de resurrección
“Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne” Esta é a nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron y beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite pola Igrexa ao longo dos séculos. Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e, a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa. Nós, pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a vida. E por iso debemos buscar sempre os bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai. Felices Pascuas de resurrección para todos. ¡Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! “Cristo vive e El é a máis fermosa beleza e mocidade para o mundo”. En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense. Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor. Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza. Galería de Fotos: ]]>Vixilia Pascual
Vixilia Pascual na Noite Santa
Segundo a tradición antiga, esta é unha noite de vela en honor do Señor, e a Vixilia que ten lugar na mesma, conmemorando a Noite Santa en que o Señor resucitó, ten que considerarse como «a nai de tódalas Santas Vixilias” (San Agustín). Durante a vixilia, a Igrexa espera a resurrección do Señor e celébraa cos sacramentos da iniciación cristiá. Os fieis, tal como recomenda o Evanxeo (Lc 12: 35-48) deben parecerse aos servos coas lámpadas acesas nas súas mans a espera do seu Señor, de xeito que, cando chegue, atópeos vixiantes e poida convidalos a sentarse na súa mesa. Esta vixilia é figura da verdadeira Pascua de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na que «destruíndo os lazos da morte, Cristo ascende victorioso do abismo». É costume levar auga bendita, bendecida na Vixilia Pascual, para as nosas casas ou para os nosos lugares de traballo e diversión. Galería de Fotos: ]]>Procesión del Santo Entierro
Por las rúas de Ourense
A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeño acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Virxe Dolorosa. Galería de Fotos: ]]>Viernes Santo
Venres Santo na Paixón do Señor Neste día, no que «foi sacrificada a nosa Vítima Pascual, Cristo (1 Cor 5, 7), o que por longo tempo se nos prometera en misteriosa prefiguración, cumpriuse con plena eficacia. O verdadeiro Cordeiro substitúe á ovella que o anunciaba, e, así, co único sacrificio acábase a multiplicidade das vítimas antigas” (San León Magno). Cristo morreu fóra dos muros da cidade cando foron sacrificados no templo os años para a pascua xudía. É o Cordeiro expiatorio que carga co peso dos nosos pecados. A igrexa brota do seu costado aberto pola lanza do soldado, para a salvación de todo o mundo, por quen se pide de xeito especial na oración dos fieis. O signo propio de este día é a imaxe do Crucificado, que a liturxia venera de un dun xeito especial. Nos oficios litúrxicos do Venres Santo destacan a lectura da paixón e morte de Cristo na Cruz, a pregaria universal por tódalas necesidades do mundo e a veneración da Santa Cruz, Hoxe non se celebra a Eucaristía e día de xaxún e abstinencia. Na Catedral celébranse os oficios do Venres Santo son ás 17.00 horas. No Sábado Santo a Igrexa permanece ao lado do sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, a súa baixada aos infernos, e abstense absolutamente da celebración do sacrificio da misa, deixando espidos os altares ata que, despois da solemne vixilia da Resurrección, se inauguren os gozos da Pascua, que se estenderán por cincuetna días. A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeño acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Nai Dolorosa. Galería de fotos: ]]>
Jueves Santo
Xoves Santo na Cea do Señor
Coa misa que se celebra nas horas vespertinas do xoves da Semana Santa, a Igrexa comeza o triduo pascual, e recorda a cea na que o Señor Xesús, na noite en que foi traizoado, tendo amado ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e sangue baixo as especies de pan e de viño e déullelas aos apóstolos para que as sumiran, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén as ofreceran Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que son lembrados na misa, é dicir, a institución da Eucaristía, “tomade e comede todos del…; tomade e bebede todos del…”, a institución da Orde sacerdotal, “Facede isto en memoria de min” e o mandamento do amor, “amádevos uns aos outros como eu vos teño amado”; estes tres puntos débenselle recordar aos fieis nas monicións da celebración para que tan grandes misterios penetren máis profundamente na súa piedade e para que os vivan mais intensamente nos seus hábitos e na súa vida. Coa celebración da misa na cena do Señor comezamos o sagrado triduo pascual da paixón, morte e resurrección. Coa misa da última cea a Igrexa quere facernos ver a unidade indisoluble da Eucaristía coa cruz, xa que a eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. Por iso a morte de Xesús no Calvario é fáisenos próxima e eficaz na celebración desta Eucaristía. Hoxe salientan o amor ea actitude de servicio de Cristo ao entregarse voluntariamente a súa paixón por nós, que se significa perfectamente no lavatorio dos pés. O acto máis importante da liturxia de hoxe é participar na Misa e acercarnos a comulgar. A procesión ao monumento e a adoración ata a media noite prolongarán na oración contemplación o que se celebrou na santa misa. Na Catedral os oficios da Misa da Cena do Señor son ás 17.00 horas na Catedral. Neste día é tradición é visitar os monumentos das distintas parroquias coa finalidade de participar nas distintas espiritualidades que afloran en cada un deles e descubrir a beleza artística das nosas xentes a hora de confeccionar cada ano un monumento distinto. Galería de Fotos: ]]>Semana Santa: Mércores Santo
Misa Crismal
Hoxe, Mércores Santo, ten lugar na Catedral a celebración da misa crismal. Será ás 19.00 horas. A Misa Crismal, que o bispo celebra co seu presbiterio, e dentro da cal consagra o Santo Crisma e bendice os óleos dos catecúmenos e dos enfermos, é unha manifestación da comuñón dos presbíteros co seu bispo. Os doce arciprestados da diocese de Ourense estarán representados polos sacerdotes, polos relixiosos e polos seglares de cada un de eles e que logo van a participar nesta celebración. Dous momentos importantes da Misa Crismal son, por un lado, o diálogo entre o Bispo e os sacerdotes e o compromiso destes de obediencia e dedicación plena á misión evanxelizadora e, por outro lado, a consagración e a bendición dos santos óleos, que nos lembra a todos que somos un pobo de reises, un pobo sacerdotal, unha asemblea santa, o pobo de Deus; e, por iso, somos invitados a bendicir o Señor. Co Crisma consagrada polo bispo únxenses aos recén bautizado, os confirmados son sellados e únxense as mans dos sacerdotes, a cabeza dos bispos e as igrexas e altares na súa dedicación. Co óleo dos catecúmenos prepáranse os que serán bautizados e fortalécense para que eles poidan ser capaces de vivir os compromisos que polo sacramento van contraer. Co óleo dos enfermos aténdense a todos aqueles que sofren de enfermidade física ou mental ou pollo peso dos anos, para sanalos e alivialos na súa dor e para que estean mellor preparados para acadar a saúde da vida que nunca máis acaba: vida eterna. Antes da concelebración eucarística os sacerdotes reuniranse na igrexa de Santa Eufemia para un retiro espiritual como preparación para a Misa Crismal e para a celebración da Semana Santa. Será ás 17.00 horas. Concentraranse a o redor de cen sacerdotes chegados de cada un dos doce arciprestados e de cada una das delegacións episcopalais e das didistintas institucions relixiosas. Os arciprestes levarán os santos óleos bedecidos e consagrados neste día para cada un dos seus arciprestados. ]]>Arde Notre Dame de París, dolor e impotencia
El Deán Presidente de la S. I. Catedral de Ourense y el Excmo. Cabildo catedralcio ante el pavoroso icendio de la catedral de París: Dolor profundo y sentimiento de impotencia ante el trágico incendio de Notre Dame de París, icono de fe y cultura de Europa. La Catedral de Ourense, con su patrono San Martín de Tours, y el Cabildo Catedralicio se solidarizan con París, con su catedral y con el Rector de Notre Dame y clero catedralicio. Al mismo tiempo hacen votos para su pronta restauración. ]]>