Novena ao Santo Cristo de Ourense
Novena al Santo Cristo de Ourense
Novena al Santo Cristo
DEL DÍA 25 DE ABRIL AL DÍA 3 DE MAYO
Predica la Novena, a las 18.30, el M. I. Sr. D. Luis Javier González Seguín,
Maestro Capilla de la S. I. Catedral
Misas desde la 8 de la mañana, con novena y confesiones antes de cada misa.
Santo Rosario a las 18.00 y a las 19.30.
A lo largo de la novena podemos aprovechar para renovar la cofradía al Santo Cristo y para hacer nuevas inscripciones.
El día 3 de mayo, fiesta del Santo Cristo, misa por los cofrades difuntos a las 11 horas.
]]>Concierto de Pascua
CONCIERTO DE PASCUA S. I. Catedral de San Martiño
CONCIERTO DE MÚSICA SACRA
Lunes de Pascua
22 de abril de 2019,
a las 20.45 horas
CORAL DEL LICEO
]]>
Domingo de Pascua
Pascua de resurrección
“Este é o día en que actuou o Señor, a solemnidade das solemnidades, a nosa Pascua: a Resurrección do Noso Salvador Xesucristo segundo a carne” Esta é a nosa fe: cremos que Cristo resucitou de entre os mortos porque aceptamos a testemuña dos apóstolos, que viron o sepulcro vacuo e creron; que comeron y beberon con El, despois da súa resurrección; testemuña que se nos transmite pola Igrexa ao longo dos séculos. Todo isto sucedeu o primeiro día da semana e, a partir daquela, convértese no día do Señor Resucitado (no domingo); Cristo, a pedra que rexeitaron os arquitectos é agora é pedra angular da Igrexa. Nós, pola fe e mailo bautismo, resucitamos con Cristo, o verdadeiro Año que quitou o pecado do mundo, que morrendo destruíu a morte e resucitando restaurou a vida. E por iso debemos buscar sempre os bens do ceo, onde está Cristo sentado a dereita de Deus Pai. Felices Pascuas de resurrección para todos. ¡Aleluia!, Cristo resucitou. Aleluia! “Cristo vive e El é a máis fermosa beleza e mocidade para o mundo”.
En Ourense, o domingo de Pascua pola mañá, celébrase coa procesión de Santa María Nai ata as naves da catedral, onde ten lugar o encontro con Cristo Resucitado. Logo a misa de Pascua, harmonizada pola coral do Liceo de Ourense. Máis logo, retorno procesional de Santa María ao seu templo, acompañada polo Excmo. Consistorio, polo Excmo. Cabido catedralicio e polo pobo de Ourense que, con ritmos de gaita e aires de festa acompaña a súa Santa Patroa no día da Pascua de Resurrección do Señor.
Coma sempre, xa na Praza Maior, virán os agradecementos, os saúdos e as despedidas entre as autoridades civís e relixiosas, contando sempre ca liberdade de expresión para que cada quen interprete como boamente lle pareza.
Galería de Fotos:






]]>
Vixilia Pascual
Vixilia Pascual na Noite Santa
Segundo a tradición antiga, esta é unha noite de vela en honor do Señor, e a Vixilia que ten lugar na mesma, conmemorando a Noite Santa en que o Señor resucitó, ten que considerarse como «a nai de tódalas Santas Vixilias” (San Agustín). Durante a vixilia, a Igrexa espera a resurrección do Señor e celébraa cos sacramentos da iniciación cristiá. Os fieis, tal como recomenda o Evanxeo (Lc 12: 35-48) deben parecerse aos servos coas lámpadas acesas nas súas mans a espera do seu Señor, de xeito que, cando chegue, atópeos vixiantes e poida convidalos a sentarse na súa mesa.
Esta vixilia é figura da verdadeira Pascua de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na que «destruíndo os lazos da morte, Cristo ascende victorioso do abismo».
É costume levar auga bendita, bendecida na Vixilia Pascual, para as nosas casas ou para os nosos lugares de traballo e diversión.
Galería de Fotos:










]]>
Procesión del Santo Entierro
Por las rúas de Ourense
A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeño acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Virxe Dolorosa. Galería de Fotos:



]]>
Jueves Santo
Xoves Santo na Cea do Señor
Coa misa que se celebra nas horas vespertinas do xoves da Semana Santa, a Igrexa comeza o triduo pascual, e recorda a cea na que o Señor Xesús, na noite en que foi traizoado, tendo amado ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e sangue baixo as especies de pan e de viño e déullelas aos apóstolos para que as sumiran, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén as ofreceran
Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que son lembrados na misa, é dicir, a institución da Eucaristía, “tomade e comede todos del…; tomade e bebede todos del…”, a institución da Orde sacerdotal, “Facede isto en memoria de min” e o mandamento do amor, “amádevos uns aos outros como eu vos teño amado”; estes tres puntos débenselle recordar aos fieis nas monicións da celebración para que tan grandes misterios penetren máis profundamente na súa piedade e para que os vivan mais intensamente nos seus hábitos e na súa vida.
Coa celebración da misa na cena do Señor comezamos o sagrado triduo pascual da paixón, morte e resurrección. Coa misa da última cea a Igrexa quere facernos ver a unidade indisoluble da Eucaristía coa cruz, xa que a eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. Por iso a morte de Xesús no Calvario é fáisenos próxima e eficaz na celebración desta Eucaristía. Hoxe salientan o amor ea actitude de servicio de Cristo ao entregarse voluntariamente a súa paixón por nós, que se significa perfectamente no lavatorio dos pés. O acto máis importante da liturxia de hoxe é participar na Misa e acercarnos a comulgar.
A procesión ao monumento e a adoración ata a media noite prolongarán na oración contemplación o que se celebrou na santa misa. Na Catedral os oficios da Misa da Cena do Señor son ás 17.00 horas na Catedral.
Neste día é tradición é visitar os monumentos das distintas parroquias coa finalidade de participar nas distintas espiritualidades que afloran en cada un deles e descubrir a beleza artística das nosas xentes a hora de confeccionar cada ano un monumento distinto.
Galería de Fotos:


]]>
Domingo de Ramos
Domingo de Ramos
No domingo de Ramos os fieis de todas as idades fanse presentes na gran celebración cristiá. Podemos afirmar que neste día as igrexas están cheas ata a bandeira. Ramos é o pórtico da Semana Santa ou da Semana Maior dos cristiáns. No domingo de Ramos na Paixón do Señor lembramos ao profecía de Zacarías, que describe a entrada de Xesús en Xerusalén sentado nunha burriña, e ca multitude que vai ao seu encontro para aclamalo con ramos de oliveira. A procesión de Ramos expresa de forma sensible o que foi a nosa peregrinación durante a coresma: subida con Xesús a Xerusalén para vivir tamén con el a Pascua: «recoñecido como home pola súa presenza, humillouse a si mesmo e obedeceu ata á morte e morte na cruz» A liturxia de hoxe inclúe os dous polos do misterio pascual: rexeitamento e aceptación, sombra e luz, a vida ea morte. Da alegría da procesión, pasamos á contemplación da Paixón de Cristo no evanxeo da Misa. Estes dous polos teñen a expresión máis completa e perfecta no altar da Eucaristía, que, sendo sacrificio, é tamén banquete festivo para os fillos de Deus. Neste día a Igrexa recorda a entrada de Cristo, o Señor, en Xerusalén para consumar o misterio pascual. Por este motivo, en todas as misas hai memoria da entrada do Señor na cidade santa; esta memoria faise presente pola procesión ou entrada solemne antes da misa principal, ou pola simple entrada antes das misas restantes. A procesión das Palmas na cidade debe concentrar os fieis das parroquias dos arredores da Catedral, suprimindo as celebracións parroquiais, que coincidan co tempo da procesión, e invitando os fregueses a participar tanto na procesión coma na misa presidida polo Sr.
]]>
Semana Santa en Ourense
SEMANA SANTA EN LA S. I. CATEDRAL
2019
Domingo de Ramos, 14 de abril
· Salida hacia el Parque de San Lázaro: 11´15
· Bendición de Ramos en Parque de San Lázaro: 11. 30.
· Procesión a las 11:30 hasta la Catedral.
· Santa Misa: 12.00.
Miércoles Santo, 17 de abril
· Celebración Penitencial en Santa Eufemia: 17.00 hs.
· Misa Crismal, a las 19:00 h.
Jueves Santo, 18 de abril. · Oficio de lecturas y laudes: 10.00 hs.
· Confesiones: 11.00 en adelante
· Misa de la Cena del Señor: 17.00 hs.
· Turnos de adoración ante el Monumento.
Viernes Santo, 19 de abril
· Oficio de lecturas y laudes: 10.00 hs.
· Oficios Litúrgicos: 17.00hs.
· Procesión del Santo Entierro, a las 21:00 hs
Sábado Santo, 20 de abril.
· Procesión de Nuestra Señora de la Soledad (dos Caladiños): 7.00 hs.
Desde la Santísima Trinidad hasta la Catedral y regreso.
· Oficio de lecturas y laudes: 10.00 hs.
· Vigilia Pascua: 21.00 hs.
Domingo, 21 de abril
· Procesión de Santa María Madre, a las 11:30 hs.
· Misa de Pascua: 12.00 hs.
· Procesión de regreso a Santa María Madre: 13.00 hs.
]]>Festividad de San José. Día del Seminario.
Festa de san Xosé, Día do Seminario
Hoxe, 19 de marzo, festa do patriarca san Xosé, a Igrexa en España celebra tamén o Día do Seminario, tendo en conta que a promoción das vocacións ao sacerdocio é «unha misión de todos»: das familias, das parroquias, das escolas, dos movementos, grupos e asociacións.
Hai algúns anos lamentabamos a falta de vocacións para a vida sacerdotal e consagrada. E tiñamos medo de que a cousa fora a peor: cada vez menos sacerdotes para atender as nosas comunidades parroquiais; ¿que será das nosas cidades e vilas no día de mañá?, preguntabámonos. Pero, con perspectiva eclesiástica, temos que dicir que eses sentimentos foron superados pola reacción de moitos leigos que tomaron conciencia da necesidade de participar activa e conscientemente no ministerio pastoral da Igrexa. Os sacerdotes son menos, pero con dedicación case exclusiva ao seu ministerio, prescindindo de ocupacións que non lles son propias, e que deben desenrolar os laicos cristiáns. De xeito que, aínda que temos poucos sacerdotes, contamos coa inestimable axuda de tantos segrares nos distintos campos do traballo pastoral.
Ourense ten un Seminario vivo; é dicir, con seminaristas. Non tantos coma noutros tempos, pero recibindo unha formación integral (espiritual, intelectual e pastoral), que lles permita ser pastores para os tempos que corren. Probablemente, aqueles de nós que nacemos xa fai algún tempo, temos opinións diferentes sobre o seminario e sobre os novos seminaristas. Pero tamén é certo que non caemos na conta de que a Igrexa evoluciona e camiña ao ritmo que lle marcan os tempos. Os responsables dos seminarios saben diso e esfórzanse por darlles a mellor formación aos novos pastores, que a Igrexa precisa para a tarefa evanxelizadora.
Para o traballo da promoción vocacional pensamos nas familias cristiás, nas comunidades parroquiais, nas escolas da Igrexa, nas concertadas e públicas, nos grupos, movementos e asociacións da Igrexa, como lugar apropiado para unha pastoral vocacional. Hai maneiras de pensar distintas sobre a tarefa da promoción vocacional; pero a verdade é que, como din os bispos españois, «a misión pertence a todos», especialmente aos sacerdotes. Parabéns a todos os que levan o nome do patriarca San Xosé e a todos os pais que descobren no varón Xusto ao modelo a imitar na súa vida familiar.
]]>









