20160409_181417

Oración pola Unidade dos Cristiáns

Octavario pola Unidade dos Cristiáns

 Do 18 ao 25 de xaneiro celébrase o Octavario pola Unidade dos Cristiáns. O Octavario recórdanos neste ano a necesidade que temos os cristiáns de unirnos para axudar a tantos inmigrantes que saen dos seus países de orixe e que son perseguidos pola súa fe ou polas súas ideas. Os cristiáns, que pertencemos ás diferentes nacións da Europa ca que eles soñan, non podemos pecharnos nos nosos egoísmos nin podemos ser  un antitestimonio para ese mundo, rexeitando a quen busca unha boa acollida que lle permita atopar solucións para os seus problemas. No século primeiro os habitantes de Malta “mostraron unha humanidade pouco común” con Paulo e cos seus acompañantes no naufraxio (Feit. 28, 2). Aos cristiáns que vivimos en Ourense, sexa cales sexan as siglas da nosa pertenza, isto da inmigración no Mediterráneo quedanos algo lonxe. Pero, si en Ourense non estamos unidos, teremos que preguntarnos cal podería ser o  motivo que nos levara a vencellarnos para ser testemuño de unión e boa acollida para aqueles que máilo precisan. Non estaría de máis que nos xuntaramos e falaramos uns cos outros para coñecernos, para respectarnos, para perdoarnos, para querernos e para ver que, en realidade, é máis o que nos une que o que nos serpara. Teremos que ir dando pasos nun ambietne de respecto e estima. Non esquezamos que “o camiño faise ó andar”.  ]]>

IMG_20191228_185903

Coral de Ruada. Concerto do Nadal

Concerto de Nadal da Coral de Ruada

na S. I. Catedral de San Martiño
Día 28 de decembro de 2019
A Coral de Ruada, rematando ca celebración do seu centenario con espléndidos concertos en distintos e variados escenarios, polas  prazas e basílicas máis importantes, incluída a do Vaticano, prosigue co seu concerto anual do Nadal na Catedral de Ourense e, como mandan os cánones, dentro da temática musical propia do tempo: villancicos, panxoliñas, cantos de tenrura e para durmir ao Neno. 
O papa Francisco (que neste ano tivo ocasión de recibir e saudar a Coral de Ruada), dinos nunha preciosa carta apostólica sobre os beléns (Admirabile Signum): «que no medio da escuridade do noso mundo, luce a luz do Portal para abrirnos camiños e sentido as nosas vidas». «¡Cantas veces a noite envolve as nosas vidas! Ben, mesmo neses momentos, Deus non nos deixa sós, senón que está presente para responder ás preguntas decisivas sobre o sentido da nosa existencia: Quen son eu? De onde veño? Por que nacín neste momento? Por que sufro? Por que morrerei? Para responder a estas preguntas, Deus converteuse en home. A súa proximidade trae luz onde hai escuridade e ilumina aos que atravesan a escuridade do sufrimento (cf. Lc 1,79)».
Tamén nos recorda que os montes e os vales, os ríos e as fontes de cada belén, os pastores cas súas  ovellas e vacas, convídannos a respectar este noso mundo, o noso planeta, pois é regalo de Deus e non temos outro.
¡Feliz concerto, boa audición, e cantemos «Noite de Paz…»!  
Galería de Fotos:
    ]]>